24/10/07

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES





Hoxe é o Día das Bibliotecas Escolares e no noso centro quixemos celebralo con diferentes actividades:



  • Elaboración dun cartel, con imaxes de membros da comunidade educativa usando a biblioteca escolar, co lema elexido este ano :

"Aprender máis e mellor dende a túa biblioteca"



  • Exposición de carteis anunciadores deste día



  • Lectura da adaptación do conto "A Ratiña Bibliotecaria".



  • Exposición dos debuxos do conto.



  • Reparto polas clases de marcadores de páxinas, regalados por Don Moucho, a nosa mascota.


¡Bo día das Bibliotecas Escolares para todo@s!

1 comentario:

Chispa dijo...

É unha boa idea elaborar un cartel con esas imaxes. Tomamos nota. Un saúdo e felicidades.