15/9/09

AS BOLSAS DE PLÁSTICO PASARÁN Á HISTORIA

Este ano co noso proxecto convertirémonos en defensores do medioambiente, xa eramos pero durante este curso máis.

Hoxe querémosvos falar sobre as bolsas de plástico. O emprego desmedido que facemos delas e dos problemas ambientais que provoca.

Con cada compra utilizamos bolsas novas (5 ou 10 minutos). Pouco uso comparando coa materia prima e a cantidade de enerxía que se consume para a súa fabricación.
Cunha soa bolsa que reutilicemos ao día conseguiremos reducir o risco de contaminación e de ameaza para as especies animais.

Invitámosvos a ver este vídeo para que o entendades máis claramente.