23/9/09

AMIGOS E AMIGAS DO MEDIO AMBIENTE (GRUPO AMA)




Ola, pequenos e pequenas! Vouvos falar do grupo de voluntari@s que tan ben dinamizastedes o ano pasado, e que tivo un grande éxito, grazas, sobre todo, á vosa constancia e dedicación. O patio da nosa escola transformouse para ben, moito máis limpo e saneado. Debemos e podemos continuar este ano pero con moito máis compromiso e aporte.

No grupo A.M.A. non só participan os voluntarios, ten que ser unha laboura cooperativa de tod@s @s que formamos parte deste centro: profesor@s e alumn@s. Os voluntarios teñen a obriga de controlar a quen ensucie o patio con restos orgánicos e inorgánicos, de que non se rompan as árbores nin as plantas; pero debedes facelo con diálogo permanente e con boas maneiras, estar convencidos da necesidade do voso traballo pero convencer ao resto do mesmo xeito.

E non queda aí a cousa; debemos potenciar a actividade, por exemplo:

* Creando un sistema de comunicación co coordinador das Actividades Medioambientais, directo e operativo, para que vos atenda nos momentos de conflictos cos compañeiros e compañeiras.

* Falando cos titores e titoras respectivos para que sexa xa unha realidade o uso dos contenedores de reciclaxe nas aulas e recunchos dos corredores, sempre antes de baixar ao recreo.

* Completando eses recipientes para que os residuos se separen nos tres grupos principais: cartón e papel, plásticos e aluminios, e por último, os restos orgánicos.

E nada máis polo de agora. O mes que vén seguirei escribíndovos. E lembrar aquela frase de Albert Einstein que dicía algo así como:

“Produce unha inmensa tristeza pensar que a natureza fala mentres o xénero humano non escoita”.

Parabéns, de novo, e ata pronto.


No hay comentarios: