2/3/08

MOCHILAS VIAXEIRAS


Este curso iniciamos unha nova actividade de fomento da lectura dentro do Proxecto Lector do Centro. Trátase das Mochilas Viaxeiras, irán de casa en casa con lecturas e películas para compartir con ilusión pais e fillos.Irán acompañadas dun Caderno no que cada familia anota o seu nome, a data en que recibe a maleta e as opinións e impresións que lle suxire o material, tamén poden ir acompañados de debuxos sobre as lecturas ou película.

Entregarémolas os venres e terán que ser devoltas o mércores da semana seguinte.

Para levar a cabo esta actividade, dun xeito efectivo e motivador, necesitamos que non o vexades como deberes, senón como un xeito de compartir e disfrutar os libros e películas en familia, valorando a importancia da lectura e estimulando o diálogo .

1 comentario:

Andrade 39A dijo...

Ola Bea!!!!
Dende Biblioandrade estamos encantados de compartir actividades.Direivos que a idea do "Album" naceu no IES de Fene e despois nós adaptámola aos nosos alumnos/as de infantil e primaria.
Son fiel seguidora do voso blog, pero non imaxinaba que unha compañeira de Tebra estiverá detrás. É moi agradable sabelo, agora seguireivos aínda con máis entusiasmo. Xa estaremos en contacto.(Isto é o mellor da internet). Un agarimoso saúdo dende Pontedeume. Unha aperta de RAIOTECA para DON MOUCHO.Noraboa polo voso blog.