31/3/08

AS BIBLIOTECAS NA GUERRA

A biblioteca en guerra ,foi unha exposición que no 2005 á Biblioteca Nacional preparou para dar a coñecer o traballo dos bibliotecarios e bibliotecarias na época da II República e a Guerra Civil.
Atopamos en youtube documentais nos que se fala das vidas de aqueles que foron bibliotecarios e bibliotecarias , auténticos héroes nos tempos das Misións Pedagóxicas y da Cultura Popular.

Hoxe queremos presentarvos o documental que fala de MARÍA MOLINER, unha extraordinaria muller e bibliotecaria, que soñaba con transformar o pais coa arma máis poderosa, A CULTURA

¡Qué xente tan extraordinaria!

1 comentario:

Chispa dijo...

É un documental interesantísimo; grazas por rescatalo e amosalo. Saúdos agarimosos desde a Biblioteca do CEIP de Pazos.