11/3/08

ANA MARÍA FERNÁNDEZ


Ana Mª Fernández é outra das nosas escritoras galegas de actualidade.Cultiva a poesía, o teatro e a narración. Conta con varios libros escolares relacionados coa aprendizaxe do galego así como coa traducción de varias obras de literatura infantil ao galego. En 1977 consigue o primeiro premio do "Concurso de Contos Infantís O Facho" coa obra Os amigos do cabaceiro. Con Xoán Babarro, como colaborador, recibe tamén o primeiro premio de teatro do concurso "O Facho" de 1978, coa obra Grande invento para saír do aburrimento e os premios "O Barco de Vapor" dos anos 1985 e 1989, coas obras Primeiro libro con Malola e Barrigaverde e o dragón Achís, respectivamente.
A súa producción continúa en actividade sendo "Poemas que me contou o grilo" unha das súas últimas obras, publicada no 2007.

Hoxe invitámosvos a ler un dos seus poemas escollido por Lucía, alumna de 4ºB, do libro Pola rúa dos versos .Esperamos que vos guste.

O TRANVÍA

O tranvía

non ten vía;

corre, corre

e asubía

e ninguén

á casa o guía.

Sobe o monte

baixa á ría,

vai a cen

pola autovía

á busca

da sua tía

e da casa da María.

O tranvía

o tranvía

corre, corre

e asubía.

Mira que ninguén

o guía.

O tranvía.


No hay comentarios: