14/12/07

UN LIBRO POLO NADAL



Un ano máis abrimos as portas da nosa biblioteca coa exposición das últimas novidades ,que nos cederon diferentes editoriais.É un xeito de arrancar coa nosa campaña "Un libro polo Nadal".

Os nenos e nenas visitan durante estas semanas a exposición acompañados polos seus titores, bótanlles unha ollada para logo decidir cales recomendarían.

Os martes polas tardes os pais e nais tamén poden visitala.

Con esta campaña queremos que se acostumen a incluir, nas súas listas de regalo ,un libro polo menos.