14/12/07

A DESIGUALDADE NOS LIBROS DE TEXTO


No momento en que encetabamos , como de costume a continuar a lectura matutina o profe nos preguntou:

- Hai igualdade entre mulleres e homes ?
- Non, pero debe habela.

Co gallo do día contra a violencia de xénero a biblioteca da escola nos propón que exploremos que é o que nós podemos facer para compartir a través do noso blog.

Que sabemos entre tod@s:

-A igualdade é un dereito para todas as persoas,de todas as razas.
-Non se acepta, nunca, a violencia machista contra as mulleres.
-As mulleres non deben aceptar a desigualdade cos homes.
-Os homes non deben aceptar a desigualdade sobre as
mulleres.

Propoñemos facer un estudo de debuxos e imaxes dos nosos manuais escolares para comprobar a igualdade ou a desigualdade entre mulleres e homes.

Método

-Formamos grupos.
-Cada grupo analiza as imaxes de cada manual.
-Anotamos en un papel o número de páxinas e o comentario breve daquelas imaxes que non consideramos igualitarias.
-Por último puxemos en común entre toda a clase os nosos descubrimentos.

Conclusións:

-Do estudo dos manuais escolares:
a)Nos de lingua, observamos que están equilibradas as fotos e debuxos de mulleres e homes.
b)No de Medio, tamén,exceptuando as páxinas 84 e 85 que sendo de oficios tradicionais só vemos homes.
c)No de matemáticas, fixemos un conteo comparando entre imaxes, e o resultado foi de;33 femininas, 49 maculinas e 14 de ambas.



Parécenos que en este a diferenza de cantidade é tanta que non hai igualdade. Que non estamos coa mesma importancia nenas e nenos. Isto nin sequera se equilibra con imaxes de ambas porque estas tamén son poucas.

Alumnos e alumnas de 6ºA

No hay comentarios: