2/10/10

CONMEMORANDO O DÍA DOS MAIORES

Onte, 1 de outubro, conmemorouse o Día Internacional dos Maiores e con tal motivo recibimos a visita dos maiores do Centro de Día do noso concello. Decidiron compartir con nós este día preparando un mural co alumnado de 1º de Primaria, para o que lles ensinaron primeiro a facer unhas fermosas frores.
Todos disfrutamos desta xornada tan especial, pero creo que unha das que máis foi Victoria porque por fin puido ver cumprido o seu sono, ser mestra por un día.







Esta non vai ser a última das colaboracións porque xa sabemos que están preparando algunha actividade máis para vir.Estamos desexosos de volveros a ter aqui.




GRAZAS A TODOS, A CARMEN, CASIANO, TERESA, CONSUELO,VICTORIA, NIEVES, CONCHA, CASILDA, SERAFÍN, ÁNGEL E MARCELINA!! E INCLUSO AOS QUE NON PUIDERON VIR!!





















1 comentario:

Merchi dijo...

QUE IDEA TAN ORIXINAL, FERMOSA, ENTRAÑABLE. MAIORES E PEQUENOS XUNTOS NA ESCOLA DISFRUTANDO OS UNS DOS OUTROS, TRABALLANDO XUNTOS, CREANDO XUNTOS...SENDO COMA TI DIS, MESTRES POR UN DÍA.
SEGURO QUE RESULTOU UNHA BOA EXPERIENCIA E POLO QUE VEXO CON GANAS DE REPETIR.
NORABOA POR ESTE TIPO DE ACTIVIDADES E MOITA FELICIDADE PARA TODOS OS NOSOS MAIORES, QUE A MERECEN.