31/1/10

EMIGRANTES



Hoxe recomendámosvos este precioso libro no que o autor non precisa de palabras para expresarse.

A través dunha serie de imáxes enlazadas, conta a historia dun emigrante que deixa o seu país en penosas circunstancias, ata chegar a unha nova cidade e aprende cómo vivir nesta.

O personaxe abandona o seu país de orixe en busca dun futuro mellor noutras terras, viaxando en barco xunto a persoas na súa mesma situación. Pero, ao chegar, atópase cun país donde todo é diferente: non pode ler os carteis, os edificios e transportes son estranos, a xente vai acompañada dunha mascota como nunca antes vira ningunha, a comida tamén resulta un impedimento máis…

É unha homenaxe a todas aquelas persoas que, por unha ou otra razón, nun momento das súas vidas tiveron que deixalo todo, embarcándose hacia un destino incerto. Inmigrantes, refuxiados e exiliados son a inspiración da que se nutre este relato, donde a expresividade dos debuxos sustitúen a presencia das palabra.
Fainos reflexionar sobre o que significa irse a outro pais con outra cultura, con outro idioma e sen nada máis que a maleta, os recordos, e as gañas de sair adiante.

2 comentarios:

Ronsel dijo...

Eu creo que é o libro máis bonito do mundo. Tedes aquí un slide por se o queredes colgar:
http://trafegandoronseis.blogspot.com/2007/09/emigrantes.html
Saúdos

Susana Lamela dijo...

Interesante.
Terei que lelo.
Moitas grazas por motivarme e asesorarme no proceso de posta en marcha do club de lectura, e claro, tamén por deixarme os libros!!!!
Queda pendente o de organizar unha actividade en conxunto cos dous clubs de lectura.
Bicos de andel