8/4/08

MARCOS CALVEIRO NO NOSO CLUB DE LECTURA











Marcos S. Calveiro visitou hoxe o noso Club de Lectura.Puidemos intercambiar con él opinións e comentarios sobre “O Carteiro de Bagdad”.
Foron moitas as preguntas que lle fixeron os rapaces e rapazas sobre os personaxes, a ambientación da historia en Irak, sobre os seus libros favoritos cando era pequeno…
Comentounos que estaba "moi orgulloso de gañar un premio con este libro, sobre todo, porque é a primeira vez que o gaña unha obra en galego".
Algúns preguntáronlle se estivera en Irak, xa que describe Bagdad como se o coñecera, él explicoulles que non pero que utilizou recortes de prensa para a súa inspiración e incluso mostróunolos pegados nunha libreta.
En canto as ilustracións, Marcos S. Calveiro afirmou que se tivera que imaxinar os personaxes él, serían así.
Falounos do moito que lle gustaba ler e escribir cando era pequeno e invitounos a seguir mergullándonos no mundo da lectura.

Algúns alumnos e alumnas ao chegar á clase ofrcéronnos as súas opinións sobre él:

“Engancha, fai que te intereses polo que está dicindo” (Andrea)
“Unha persoa con principios e fiel ao que pensa” (Pepe O.)
“Moi crítico coa realidade”(Oscar)
“Comprometido cos problemas sociais e coas inxustizas”
“Moi asequible, humilde e sincero” ...



¡Grazas Marcos pola túa visita e por todos os consellos que nos ofrecíches!




1 comentario:

folerpa dijo...

Foi un pracer compartir unhas horas con vós. Ánimo e seguide adiante coa biblioteca. Eu penso que o que pasa entre esas paredes ateigadas de libros é máis importante que o que pasa na aula.
Una aperta a todos e grazas.