31/1/08

CHEGA O ENTROIDO AO COLEXIO BOUZA BREY



É costume no noso colexio, cando chegan estas datas , aprender coplas , inventar outras e que cada curso prepare a súa comparsa para o día do gran desfile no patio do colexio.
Todos os anos resultan moi vistosas e divertidas . Estes días, nas clases traballamos a eito, para facer os nosos disfraces .


Ademáis seguimos a tradición de obedecer ao Meco, un boneco feito de palla e vestido con roupa vella, que durante a semana antes do desfile, fainos trasnadas, facéndonos seguir as súas ordes que ás veces son moi “raras” como iso de levar unha gravata atada nunha pata!!!.


Os maiores éstanlle preparando un Xuizo, culpándoo de todo o malo que pasa no colexio, e ao final castigámolo a quedar pechado nun cuarto ata o curso que ven, a ver se mentras a cousa mellora .

Como estamos “saboreando” xa os postres típicos que imos degustar, “profes”, alumnas e alumnos, mmm!!! : orellas, filloas, flores etc. grazas á colaboración das familias que todos os anos aportan unha gran variedade de postres caseiros, axudándonos a dar a coñecer e transmitir as tradicións.

Como tamén temos alumnado de fóra de Galicia intercambiamos postres e compartimos saberes, e nunca mellor dito sabores!!.

Este ano a festa no patio e, se a choiva nos deixa, vai estar amenizada polas cancións e a música dun papá de alumnos do noso cole, Bilo, ao que toda a comunidade educativa lle agradecemos a súa amable colaboración.

A través deste blog e tamén da revista do cole “Carreiro” daremos máis información do resultado desta festa tradicional que todos os anos nos deixa moi bo sabor de boca .

No hay comentarios: