O venres celebramos o Samaín ou Halloween na biblioteca. Alumnas e alumnos de 6º de Primaria e algúns de 5º prepararon lecturas de contos de medo e misterio,algunhas inventadas por eles mesmos, que leron aos alumnos de 4º cun escenario perfecto .
A biblioteca ambientouse para a ocasión, coas luces apagadas, os calacús ou cabazas encendidas e só un foco a media luz.
Non creades que os asistentesntes sentiron moito medo, máis ben curiosidade por este tipo de libros e por esta festa .
O ruído da porta que se abría e pechaba facían máis cribles os relatos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario