Na última semana de outubro celebramos o magosto no colexio. Tempo de lecer e de encontro de mestres e alumnos máis alá de libros e cadernos. Antes de acender as fogueiras estivemos a practicar xogos populares . Resultou moi divertido facer tantos xogos variados...
O tempo acompañou e arredor das fogueiras recitamos refráns , cantamos, bailamos, xogamos e comimos unha chea de castañas. Por certo estaban boísimas!!
Lembrade a música destas cantigas:
Señora María
señor Manuel
castañas asadas
e viño con mel.
Non chas quero, non chas quero,
castañas do teu magosto;
non chas quero, non chas quero,
que me cheiran ó chamosco.
Popular
1 comentario:
A recuperación das nosas tradicións, dos xogos populares é unha tarefa na que tod@s deberíamos implicarnos. Como disfrutan os rapaces, non hai máis que velos nese día de celebración.
Parabéns!!
Publicar un comentario