25/4/10

TALLER DE ILUSTRACIÓN CON NOEMÍ LÓPEZ

O venres tivemos a sorte de contar coa ilustradora Noemí López no noso centro. Impartiu un taller de ilustración ao alumnado de 1ºde Primaria.Durante os días anteriores nas clases estiveron traballando con libros da biblioteca nos que ela é a ilustradora.

Ensinoulles, aos participantes, cómo debuxar diferentes expresións, posturas e movimientos, etc. Animounos a expresarse por medio do debuxo, fomentando a creatividade e a imaxinación a través das actividades plásticas.

Que cara de satisfacción, tiñan algúns rapaces e rapazas cando conseguían reflexar o que ela lles ensinaba. Deixámosvos unha pequena mostra deste taller para que vos fagades unha idea do que alí aconteceu.

GRAZAS NOEMÍ POR ESTA SESIÓN INOLVIDABLE!!!

23/4/10

APADRIÑANDO LECTORES

Chegou o gran día!!Durante toda a semana os padriños e madriñas (de 6º a 3º) foron coñecendo aos seus afillados e afilladas (EI, 1º e 2º) e escollendo os contos que lle ían ler. Sentían unha grande preocupación por se non era o libro axeitado ou non lles ía gustar aos seus afillados.


Unha vez elexido tiñan que practicar a súa lectura buscando o tono axeitado para contarllo.Canto mellor coñeceran a historia mellor sería o resultado.


Despois do recreo os padriños e madriñas foron buscar aos seus afillados ou afilladas e nun lugar tranquilo do patio deixamos que as distintas parellas se acomodaran e disfrutaran do seu conto.


Pero non só se traballou con esta actividade aspectos relacionados coa lectura senón tamén se fomentou nos pequenos unha relación de afecto hacia os maiores , e viceversa, que fai que agora aproveiten as ocasións que nos brinda a escola para afianzar os vínculos afectivos.


Xa hai algúns afillados que queren lerlles aos seus padriños e madriñas e incluso algúns xa lles regalaron debuxos, recitáronlles algunha poesía... esto só acaba de empezar!!


22/4/10

COMPARTINDO LECTURAS COS NOSOS MAIORES

Onte, pola tarde, co noso CLUB DE LECTURA e algúns voluntarios de 6º, visitamos o Centro de Día da Terceira Idade para compartir con eles un tempo de lectura. Levábamos preparados varios libros e poemas que falaban sobre avós e netos:" Os avós", "As trenzas do avó "e "Aquel vello e aquel neno". Algúns prepararon poemas de Paula Carballeira e outros decidiron ler algún de Bécquer e Juan Ramón Jiménez.Carla e Ángela prefiriron escribir uns poemas exclusivos para eles.

Foron momentos moi entrañables cos seus aplausos, comentarios e palabras e incluso cos seus silencios. Cando rematamos coas lecturas eles tamén quixeron deleitarnos con algúns poemas e contos. Preparárannos unha tarta de chocolate durante a mañán e entre bocado e bocado falamos con algúns deles sobre os seus netos e incluso os que non tiñan sentíronse por un día avós.
Pedíronnos que voltáramos a visitalos e nos invitámolos a ir ao noso cole.

Grazas a Victoria, Avelina, Nieves, Serafín ... e a todo o persoal que con tanto cariño nos acolleron.