6/2/13

VISITA AO CENTRO DE DÍA DA TERCEIRA IDADE






Foi un día inolvidable! Fomos con moita ilusión e eles esperábannos moi entusiasmados .
Compartirmos xuntos un anaquiño de tempo, no que despois dunha breve presentación por parte de LUIS e PEDRO, comezamos  as nosas  humildes actuacións.
Eles tamén nos leron un poema sobre a Paz. Entre todos cantamos a canción de Ana Belen “ La muralla”. Para finalizar invitáronnos a tarta da avoa e zume.Que rico!
Nos levámoslle un agasallo feito polos membros do club e eles tamén nos sorprenderon cuns marcapáxinas e cun decálogo para a PAZ para cada un.
Foi unha agradable experiencia que volveremos a REPETIR,  sobre todo porque cando marchamos todos os comentarios entre nós foron moi positivos, recordando os seus sorrisos, as súas voces, os bailes que fixeron con algúns deles...
Se queredes saber algo máis  desta xornada podedes visitarnos no blog do club de lectura.

NORABOA RAPACES POR  POR SER TAN SOLIDARIOS!!