6/5/11

CANTIGA DE CUARTO: "O GATO"


Esta cantiga fíxonola chegar a avoa de SIMÓN de 5ºB e a de Pedro García de 6º de Educación Infantil.

O GATO

XUNTÁRONSE CATRO UN DÍA

OS MELLORES DESTE BARRIO

MATARON UN GATO A TIROS E O METERON NUN SACO.

VAI O GATO METIDO NUN SACO

VAI O GATO PARA TERRA DE LAXE

VAI O GATO METIDO NUN SACO

AI! GATIÑO XA NON VOLVE MÁIS.

QUE TAL LLES PARECERÍA

A CALQUERA DISES CATRO,

QUE OS METERAN NUN SACO

COMO METERON AO GATO.

VAI O GATO....


Se queredes animarvos a cantala clicade sobre o debuxo de arriba.