23/4/11

DIA MUNDIAL DO LIBRO E DOS DEREITOS DE AUTOR: 23 de ABRIL



Hoxe 23 de abril celebramos o Día Mundial do Libro e dos dereitos de Autor. A UNESCO pretende, con esta celebración , fomentar a lectura, a industria editorial e a protección da propiedade intelectual por medio do dereito de autor.

Se queredes saber algo máis sobre a historia deste día clicade sobre a imaxe.








Para celebrar este día o poeta Carlos Negro quixo agasallarnos ás Bibliotecas Escolares Galegas con este fermoso texto , "O lugar da lectura"




Unha illa de luz na xema dos dedos.
Unha porta sempre entreaberta.
Unha duna cara ao vento.
Unha nube sobre a herba.
Unha casa encantada.
Unha laranxa do paraíso.
Unha pousada no inferno.
Unha man e unha fouce.
Unha carapucha vermella.
Unha bufanda colorada.
Unha alfombra no ceo.



A pulga e o xigante.




A rosa e o cravo.
A serpe e a mazá.
A fonte e o cervo.
A flor da candea.
A fenda do espello.
A lúa na boca.
A tona do tempo.
A pedra e o canto.
A voz e o silencio.
O lugar da lectura.



Carlos Negro.