12/11/10

VISITA DE ANXO MOURE



Esta semana visitounos o famoso atrapacontos Anxo Moure, que chegou montado na súa bici baixo unha intensa chuvia .

Nos xa estiveramos lendo o seu libro “O carballo con botas”no cole e por iso estabamos desexando coñecelo.

Convertiu a nosa biblioteca nun restaurante no que nos amosou como atrapar os contos, amasalos, comelos e contalos, e como cada libro é un ximnasio da imaxinación.

Gustáronnos moito os contos do Chinchanciño, de Coureliña, a nena que soñou cun bosque de cartón e quixo pintalo de cor... e moitos máis...

Ensinounos a reciclar os nosos corazóns, a valorar a importancia de respetar a natureza.

Explicounos como mirar polo miramundos o corazón dunha árbore, e cando isto se fai xa nunca máis podemos facerlle dano á natureza.

Limpamos o bosque, non deixamos que Chinchanciño tirase máis lixo, abrazamos as árbores, reciclamos o noso corazón.

Explicounos que para defender as árbores hai que mollarse e él mollouse e mollounos coas bagaos, do sufrimento de moitas árbores, que traía nunha botella.


Moitas grazas Anxo por contaxiarnos do teu amor polos libros e pola natureza.

Ata pronto!

1 comentario:

CEP Caixanova dijo...

Encántame o voso blog, tanto o do clube de lectura como o da biblioteca. Espero, en breve, poder facer unha labor coma a deste equipo de biblioteca, que hai un par de anos puiden disfrutar desde dentro. Moitas gracias Bea, por ensinarme mil cousas que estou comezando a aplicar agora.
María (compañeira de inglés ano 2008). Moitos saúdos a todos.