Durante este fin de semana asistimos ás “Xornadas de bibliotecas escolares”, baixo o lema "Novas lecturas, novos lectores" . Houbo diversas conferencias que foron retransmitidas en directo dende o blog da asesoría.
Daniel Cassany :"Como axudar a aprender a ler aos nativos dixitais"
Luis Iza Dorronsoro : " Plan lector de centro"
Guadalupe Jover: "Escola e literatura: A educación do Imaxinario"
Tiscar Lara: "Alfabetizar na cultura dixital"
Glória Durban : "A biblioteca escolar, un recurso educativo útil: o desenvolvemento de entornos presencias de aprendizaxe e lectura"
Varias compañeiras doutros centros contáronnos as súas experiencias sobre a Hora de ler, os Proxectos lectores ou os Clubs de lectura.
Se queredes saber máis tedes unha ampla reportaxe do desenvolvemento destas xornadas no Segrel do Penedo.Unha vez máis Loly supérase con esta crónica tan completa.
A gran sorpresa no remate destas xornadas chegou da man do actor, autor e director galego Carlos Blanco que nos ofreceu un fin de festa único e cheo de humor.
Tivemos un programa de gran calidade, pero tamén é moi agradable atoparse con xente coa que só nos coñecemos de xeito virtual e poder poñerlles cara, como foi o caso de Cova, e intercambiar saúdos e experiencias tamén cos xa coñecidos.
1 comentario:
Por iso as xornadas nos sentan tan ben, polo moito que aprendemos e polo agradable que é atoparse con compañeiros e compañeiras cos que temos tanto en común.
Bicos desde Taragoña
Cova
Publicar un comentario