2/8/09

XOGA CON FERVELLO


Dende a Secretaría Xeral de Política Lingüística chéganos un novo recurso.
Once xogos para nenos e nenas de 3 a 5 anos protagonizados por Fervello (un morcego), Fuco (un neno), Xana (unha nena) e Farragús (un can). Neles trabállanse as habilidades básicas como: memoria visual, auditiva e numérica, atención, coordinación óculo-manual, asociación, razoamento, discriminación, linguaxe, corpo humano, imaxinación e creatividade.
Tamén ten unha sección de descargas na que se poden atopar debuxos para colorear, debuxos para recortar, un protector de pantalla e dous fondos de escritorio.

Agora que tedes máis tempo podedes premer na imaxe para empezar a xogar.

No hay comentarios: