Ata o 11 de xuño pódese visitar no noso centro unha interesante exposición fotográfica. Recolle, por unha parte todo o proceso de preparación e elaboración das alfombras de corpus na nosa vila e noutro apartado,unha breve explicación sobre as orixes dos adornos florais e fotografías antigas das diferentes rúas.
A reportaxe fotográfica do proceso actual do alfombrado foi realizado no ano 2006 na Rúa dos Ferreiros.
Desde o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do centro, quixemos achegar esta tradición ao noso alumnado e , á vez , facer unha pequena homenaxe a ese traballo desinteresado e cooperativo que mulleres e homes, nenos e nenas, levan a cabo nestas datas e, que sen dúbida, é un ben a transmitir , pois forma parte do noso patrimonio cultural.
A exposición xa está aberta ao público todos os días de 13:00 ás 13´50 e todos os martes de 17:00 a 18:30 da tarde .
Na visita tamén se pode ver un calendario ilustrado por alumnado de diferentes niveis , no que se da a coñecer a modo de refraneiro, algunhas das festas parroquiais do noso entorno. Calendario que xa vos fomos amosando neste blog mes a mes.Esta actividade foi realizada para conmemorar o 2009 como ano internacional da astronomía , declarado pola unesco.
ESPERÁMOSVOS!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario