12/12/08

XUNTANZA DO CLUB DE LECTURA EN IMAXES



Esta semana xuntámonos de novo para falar de libros.¡Non lles daba chegado o momento!
Outra vez a biblioteca pechada só para nós.
O mércores volvimos a falar dos Megatoxos, agora co primeiro grupo.
Pedro incluso buscou información sobre os Templarios e a Idade Media, xa que para él foi necesario a hora de entender o libro.
O xoves falamos outra vez sobre A canción de Amina.
Aitor informounos sobre Marrocos, escenario no que se ambienta o libro e incluso quiso situalo no globo terráqueo.Carla non conseguía entender porqué había esas diferenzas entre os homes e as mulleres nesas culturas, intercambiáronse opinións e comentarios.
Foi un bo día para falar sobre os Dereitos Humanos a partir do libro.