12/11/08

OS MEGATOXOS E A ESPADA ESMERALDA NO NOSO CLUB DE LECTURA

Hoxe foi a xuntanza do primeiro grupo do Club de Lectura, o libro escollido para tal ocasión Os Megatoxos e a espada esmeralda. A biblioteca só para nós, e para romper o xeo un bizcoito de chocolate caseiro e unhas galletiñas.
Foron momentos moi especiais pero se queredes saber algo máis podedes visitar o blog do noso Club de Lectura




1 comentario:

O Segrel do Penedo dijo...

A este Club de Lectura
rapaces van máis de oito
que rematan a xornada
comendo un gran biscoito.

Comendo un gran biscoito
eu ben quería estar
en vez de pasar a tarde
sen deixar de estudar.

Non deixar de estudar
eo que debedes facer
se chegado o mes de xuño
non queredes suspender.

Feliz Semana da Literatura de Tradición Oral!!
Bicos dende Fene