Se algo caracteriza á lectura é a súa facilidade para poñela en práctica. Basta ir á praia en verán, no tren... para comprobar que cada día son máis persoas as que empezan a aproveitar ese tempo para ler un libro.
Dende aquí queremos invitarvos a todos a sentaros nalgún parque, nun monte, nunha praia…cun libro aberto, para descubrir entre as súas páxinas historias que entreteñen.
Todos os venres de maio o Concello, dende o Servizo de Normalizaión Lingüística en colaboración coa Biblioteca Municipal, no parque das Pombas leva a campaña “Achégate ao libro”.Alí no parque, poderás disfrutar dunha selección de libros da biblioteca Municipal, e se non teñen o libro poderás solicitalo para a vindeira semana.
¡Achégate aos libros!
No hay comentarios:
Publicar un comentario