13/4/07

FOMOS AO TEATRO



Hai unhas horas fomos ver unha obra de teatro, regalo da nosa ANPA. “O Rei dos Mares” foi representada polo grupo Thepinga teatro.É a historia de Quintiño, un neno
moi imaxinativo.Unha das cousas que máis lle gusta é pasar a fin de semana cos seu avó e navegar no seu barquiño.Pola noite o seu avó cóntalle historias.Quintiño pecha os ollos, ao tempo que se embarca nunha viaxe , no seu barco de papel ,ao mundo dos soños;no océano infinito da imaxinación, aparecen dúas illas: a dos “Felices soños” e a dos “Pesadelos”. Grazas aos seus amigos consigue vencer a Pesadelo e as Latosas.

4 comentarios:

Antonio Martínez dijo...

Noraboa polo traballo.
Toño do IES Afonso X

bibliotecadocole dijo...

E moi agradable descubrir que os coles de Primaria tamén temos cousas que decir.Noraboa polo blog Bea.
Isa do Ceip Quintela-Moaña

Loly dijo...

Parabéns, e esperamos poder acompañarvos nesta andaina nuns días!!
"O Segrel do Penedo"

MESTURAS dijo...

PARABÉNS E BENVID@S Á BLOGOSFERA. UN SITIO MÁIS PARA IR DE VISITA.