20/6/08

XA REMATA O CURSO


Un ano máis temos que despedirnos dos nosos axudantes da biblioteca, xa que como sabedes teñen que empezar unha nova etapa, a ESO, no Instituto. Fixémoslle entrega duns agasallos polo seu traballo desinteresado.

Grazas a todos e todas e sorte para esta nova etapa!!!

16/6/08

LECTURAS REFRESCANTES PARA O VERÁN

Para que ninguén pase o verán sen ler aquí deixámosvos algunhas recomendacións.

Ao longo do día sempre hai un tempo especial, “unha hora de”: hora de comer, hora de xogar, hora de bañarse, hora de durmir…tamén pode haber unha hora de ler.
Desexamos que neste verán atopedes ese tempo para a lectura.




10/6/08

MÁIS TEATRO

Os de quinto e sexto tamén quixeron deleitarnos coas súas actuacións.