27/12/07

UNHA CANTIGA PARA O NADAL


Coñecedes esta cantiga? Atrevédesvos a poñerlle música?

CANTIGA DO NADAL

Son voltas, son voltas
son voltas que o mundo da.
Son voltas, son voltas
da Noite de Navidá.

Esta noite é Noite Boa
esta noite é de cantar,
traede as gaitas rapaces
que os pandeiros aquí están.

Son voltas, son voltas
son voltas que o mundo da.
Son voltas, son voltas
da Noite de Navidá.


Pandeiro de catro esquinas
ben poidera ser de seis,
ben poidera esta meniña
vir comigo cantar os reis.

……………….

A FESTA POPULAR EN GALICIA - ANTONIO FRAGUAS
PUBLICACIÓNS DO SEMINARIO DE ESTUDOS GALEGOS

20/12/07

NADAL DECORA AS CASAS


Este foi o xenial resultado das manualidades feitas polo noso alumnado coa axuda dos seus maiores .

Grazas a todas as familias que colaboraron en “vestir” de Nadal moitos recunchos do noso colexio.