21/2/10

LECTURAS DE IDA E VOLTA









O noso Centro está participando no programa “ Lecturas de Ida y Vuelta “ da Fundación Germán Sánchez Ruipérez de Salamanca.
Imos poder disfrutar destos libros durante dous meses .É unha selección de libros, en galego,dirixidos a diferentes idades polo que os repartimos por lotes e están rotando nos diferentes ciclos.
Na HORA DE LER aproveitase para lelos cando están na súa clase.
Gústalles tamén recomendarse os libros, intercambiar comentarios e incluso lerllos en voz alta aos seus compañeiros, e os que todavía non saben ler , descubren a historia partindo das imaxes e compartena co resto da clase.

No hay comentarios: