30/4/07

VISITAS Á BIBLIOTECA MUNICIPAL






Durante estos días o noso colexio está visitando á Biblioteca Municipal.Mediante esta visita se pretende coñecer as súas instalacións e os servizos que presta.A súa directora guiou a visita, explicoulles as normas de uso e logo leulles un conto.Algúns cativos xa son socios da biblioteca e incluso asisten aos contacontos que se celebran alí, pero a maioría non a coñecían¡Foron momentos moi agradables!

28/4/07

ACTO DE AGRADECEMENTO



Como xa vos informamos, durante este curso estivemos recibindo a visita de pais, nais ou avós que viñeron doutros países.O venres preparámoslle unha pequena festa para agradecerlle a súa colaboración.Foron momentos moi entrañables.
Deuse lectura a unha carta escrita por un neno colombiano onde él facía unha pequena reflexión destos tres anos entre nós e agradecía a participación dos seus pais e dos demais nestas xornadas, os de Educación Infantil recitaron unha poesía, leron un texto de Madariaga en diferentes idiomas (polaco, suizo, portugués...), cantamos unha canción todos xuntos e finalizamos cun pequeno concerto ,con baile incluido, grazas ao pai brasileiro.¡Grazas a todos por compartir con nós esos momentos tan especiais!

DISFRUTANDO DA LECTURA

25/4/07

VISITAS Á EXPOSICIÓN





Durante estos días permanece aberta a exposición de libros feitos polos alumnos e alumnas dende principio de curso.Os titores baixan cos seus cursos pero nos recreos eles continúan visitándoa.As familias tamén queren ver os libros dos seus fillos, libros sobre historias inventadas, sobre diferentes países, festividades...

24/4/07

ANXO FARIÑA NA BIBLIOTECA



Anxo Fariña veu hoxe a visitarnos.Veu falar e debuxar para os de 3º e 4º de Primaria.Gustoulle moito a decoración da biblioteca que prepararon cos seus titores e a presentación rapeada, esta última preparada por tres alumnas de terceiro.Ensinoulles como creou os personaxes dos seus libros e trucos , entre eles facer voar a imaxinación e ler moitos libros.Debuxou moito, incluso a dous rapaces con algunhas "transformacións".
Houbo moitas preguntas, tantas que tivemos que poñerlle freo e dar por rematado antes de que Anxo quedara coa gorxa seca.Claro que a él gustoulle que houbera tanta participación.
Todo iso e máis fixo Anxo na nosa Biblioteca.¡Que grande eres Anxo!Vai para ti todo o noso agradecemento e un forte abrazo!

23/4/07

SEMANA DO LIBRO




Con motivo do Día do Libro decidimos adicar esta semana a tal conmemoración programando diferentes actividades:




  1. Exposición de libros feitos por eles ao longo de todo o curso.Será visitada polo alumnado e polas familias.

  2. Recitado de Poesías polas clases, os maiores aos pequenos e os pequenos aos maiores

  3. Visita do ilustrador Anxo Fariña.O alumnado estivo preparando esta visita durante estas semanas, lendo os seus libros ,estudando as súas ilustracións, escribindo poesías sobre a súa vida e obra ¡incluso rapeadas!, preparando murais...

  4. Visitas á Biblioteca Municipal.O ano pasado foi todo o colexio a visistala por iso este ano decidiuse facela só cos de Educación Infantil de 5 anos e 1º de Primaria.

  5. Lectura de contos do mundo, para seguir traballando o tema da interculturalidade, e debuxos sobre as escenas que máis lles gustaron sobre estos.

  6. Homenaxe a todos os pais, nais e avos que nos viñeron a falar dos seus países .


Iremos contándovos sobre estas iniciativas pouco a pouco dende aquí, e para celebrar hoxe este día deixámosvos cunhas palabras de Miguel de Cervantes:

"...el que lee mucho y anda mucho, ve mucho y sabe mucho..."

13/4/07

FOMOS AO TEATRO



Hai unhas horas fomos ver unha obra de teatro, regalo da nosa ANPA. “O Rei dos Mares” foi representada polo grupo Thepinga teatro.É a historia de Quintiño, un neno
moi imaxinativo.Unha das cousas que máis lle gusta é pasar a fin de semana cos seu avó e navegar no seu barquiño.Pola noite o seu avó cóntalle historias.Quintiño pecha os ollos, ao tempo que se embarca nunha viaxe , no seu barco de papel ,ao mundo dos soños;no océano infinito da imaxinación, aparecen dúas illas: a dos “Felices soños” e a dos “Pesadelos”. Grazas aos seus amigos consigue vencer a Pesadelo e as Latosas.

SESIÓNS DE CONTACONTOS

Fai uns meses visitounos Benxamín para contarlles historias e ilustralas ao noso alumnado de Educación Infantil. Moitas delas xa as tiñamos na nosa biblioteca. Deste xeito eles puideron volver a velas nas ilustracións dos libros.Servando Barreiro ,co seu acordeón, tamén estivo con nós cantando e contando historias coas que todos disfrutamos, tanto os pequenos coma os maiores. Ensinounos que as historias taménse poden cantar.