11/10/12
XA ESTÁ EN MARCHA O CLUB DE LECTURA
A nosa bIblioteca "A FRAGA DOS SOÑOS" xa ten novos membros no club de lectura. Se queredes estar informados sobre as súas xuntanzas só teredes que visitarnos no blog do Club de Lectura Bibliobrey, clicando no enlace que aparece no lateral.
9/10/12
MOSTRA DE RELATOS DE MEDO
- Poderá participar o alumnado do Centro que desexe, ben individualmente ou ben en grupos presentando textos, no caso de 3º a 6º, e debuxos os de infantil e 1 º ciclo .
- Os textos , orixinais e inéditos , serán de extensión libre e versarán sobre o tema do SAMAÍN.
- Os textos terán que vir decorados con debuxos alusivos e/ou marcos ou cenefas .
- Os folios cos relatos levarán o nome, apelidos e curso do alumn@ e serán corrixidos e entregados ao titor/a até o 26 de outubro, venres . Haberá sorpresas por participar !
- Durante a 1ª semana de novembro poderemos asistir na Biblio à lectura ou representación dos relatos por parte de autores de 6º . E tamén neste blog !!!
- Os relatos poderán recollerse na semana do 12 de novembro para pasar a ser parte da carpeta literaria de cada autor.
Animádevos a participar!
Pasarémolo de medo!
Pasarémolo de medo!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)