28/2/10

IV CERTAME DE POESÍA


Xa sabedes que marzo é o mes que dedicamos a poesía. Estamos preparando diferentes actividades entre elas o IV Certame de Poesía.

BASES

1.Poden participar no concurso todos os alumnos e alumnas do centro.
2. Os POEMAS deben presentarse indicando o nome e apelidos do autor e o seu curso.
3. Os POEMAS deben depositarse na CAIXA situadas na biblioteca .
4. Os POEMAS que presenten FALTAS DE ORTOGRAFÍA serán
automáticamente descalificados.
5. O tema será sobre a NATUREZA (animais,plantas.árbores...)
6. O prazo de presentación rematará o 18 de MARZO.
7.Os mellores poemas serán publicados no blog.

ANIMÁDEVOS A ESCRIBIR POESÍA!!!

OS AMIGOS E A SAÚDE SON O PRIMEIRO

Os alumnos e alumnas de 4ºA estiveron escribindo contos tendo por protagonista a natureza. Deixámosvos unha pequena mostra.



Érase unha vez unha árbore chamada Limoeiro. Tiña uns amigos, un arbusto chamado Hibisco e unha planta chamada Trébol. Un día, paseaba polo campo, unha nena que se atopou a trébol, e como ela oira que daban boa sorte, levouno para a súa casa. Hibisco deuse de conta daquel rapto, e oía a Trébol pedir axuda, na linguaxe das plantas, pero non puido facer nada por salvalo. Pasaban os días e Trébol estrañaba aos seus amigos e intentou fuxir. Saíu da maceta na que estaba plantado pero... pronto comezou a sentirse débil, non tiña sales minerais, nin auga, aínda que si demasiada luz solar. Conseguíu chegar ata o bosque e alí, nun curruncho quedou desfalecido. Limoeiro, viu a Trébol e coas súas ramas colleuno e meteuno de novo na terra. Trébol deuse de conta de que os amigos e a saúde son o primeiro.
Leire Bayona Díaz

27/2/10

DON MOUCHO QUERE SABER

Recuncho do 3ºCiclo de Primaria (5º e 6º)

Recuncho do 2ºCiclo de Primaria (3º e 4º)


Recuncho do Primeiro Ciclo de Primaria (1º e 2º)

Recuncho de Infantil


Esta semana comezamos unha nova actividade de búsqueda de información proposta por Don moucho, a mascota da nosa biblioteca. Plantexará unha pregunta todos os luns que responderedes,os que queirades, e teredes que deixala, antes do venres, na caixa do voso recuncho do ciclo.Non esquenzades poñer o voso nome, curso e fonte na que atopáchedes a información.Como todos os anos, entre os acertantes faremos un sorteo cun pequeno agasallo incluido.Este ano tedes máis oportunidades xa que hai unha pregunta por ciclo.
Se neste primeiro sorteo non tivérades sorte, seguídeo intentando que todavía quedan moitas máis. Con esta actividade aprenderemos moitas cousas.
ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!





24/2/10

ANIVERSARIO DE ROSALÍA DE CASTRO


Hoxe conmemórase o aniversario dunha das nosas grandes poetisas, Rosalía de Castro.Para conmemoralo deixámosvos un dos nosos poemas favoritos "Adios ríos, adios fonte".Pero... seguro que non sabedes que o poeta nipón Shozo Nakanishi fixo a tradución deste poema ao xaponés. Levoulle un total de dez anos para que os seus compatriotas puidesen chegar a entendelo porque asegurou que para él traducir non é só cambiar as palabras, senón tamén interpretar os sentimentos que se describen.
Disfrutade deste poema na voz de Amancio Prada.


UN POUCO MÁIS DE CHUVIA

Por si nestos días non escoitáchedes o son da chuvia...

Disfrutade destos efectos especiais!!

21/2/10

DÍA INTERNACIONAL DA LINGUA MATERNA




Hoxe, 21 de febreiro, celébrase o Día Internacional da Língua Materna, data que estableceu a Conferencia Xeral da Unesco en 1999, co obxectivo de promover o pluralismo lingüístico e a diversidade cultural. Ademais, busca impulsar o recoñecemento e a práctica das linguas maternas de todo o mundo e, en especial, as das linguas con menos falantes.

Podedes atopar recursos para traballar esta data na páxina da SECRETARÍA XERAL DE POLÍTICA LINGUÍSTICA

LECTURAS DE IDA E VOLTA









O noso Centro está participando no programa “ Lecturas de Ida y Vuelta “ da Fundación Germán Sánchez Ruipérez de Salamanca.
Imos poder disfrutar destos libros durante dous meses .É unha selección de libros, en galego,dirixidos a diferentes idades polo que os repartimos por lotes e están rotando nos diferentes ciclos.
Na HORA DE LER aproveitase para lelos cando están na súa clase.
Gústalles tamén recomendarse os libros, intercambiar comentarios e incluso lerllos en voz alta aos seus compañeiros, e os que todavía non saben ler , descubren a historia partindo das imaxes e compartena co resto da clase.

15/2/10

A FESTA DO ENTROIDO

Durante estas semanas estivemos preparando o Entroido.Foron moitos cursos os que quixeron unirse ao proxecto que temos este ano, a BIBLIOBREYSIDADE.
Os nenos e nenas de Infantil disfrazáronse dos diferentes elementos da naturaza: AUGA, TERRA E LUME. Os de 3º e 4º viñeron dispostos a demostrarnos que eles tamén saben como axudar a coidar da naturaza. O Ano Xacobeo tamén estivo presente cos peregrinos de 1º e 2º. Os maiores quixeron lembrarnos a tradición da mascarada.

Aquí tedes unha pequena reportaxe.





GRAZAS FAMILIAS POLA VOSA APORTACIÓN DE DOCES DO ENTROIDO. ESTABA TODO... RIQUÍSIMO!!

14/2/10

HISTORIAS DE AMOR

As historias de amor poden ocurrir nos sitios máis inesperados, deixámosvos estas dúas mostras para que as disfrutedes neste día de San Valentín.

Cuentan que cuentan que había
una vez una princesa
que vivía en un estante
de una vieja biblioteca.
Su casa era un cuento de hadas,
que casi nadie leía,
estaba entre un diccionario
y un libro de poesías.
Solamente algunos chicos
acariciaban sus páginas
y visitaban a veces
su palacio de palabras.
Desde la torre más alta,
suspiraba la princesa.
Lágrimas de tinta negra
deletreaban su tristeza.
Es que ella estaba aburrida
de vivir la misma historia
que de tanto repetir
se sabía de memoria:
una bruja la hechizaba
por envidiar su belleza
y el prícincipe la salvaba
para casarse con ella.
Cuentan que cuentan que un día,
justo en el último estante,
alguien encontró otro libro
que no había visto antes.
Al abrir con suavidad,
sus hojas amarillentas
salió un capitán pirata
que estaba en esa novela.
Asomada entre las páginas
la princesa lo miraba.
Él dibujó un sonrisa
sólo para saludarla.
Y tarareó la canción
que el mar le canta a la luna
y le regaló un collar
hecho de algas y espuma.
Sentado sobre un renglón,
el pirata, cada noche,
la esperaba en una esquina
del capítulo catorce.
Y la princesa subía
una escalera de sílabas
para encontrar al pirata
en la última repisa.
Así se quedaban juntos
hasta que salía el sol,
Así se quedaban juntos
hasta que salía el sol,
oyendo el murmullo tibio
del mar, en un caracol.
Cuentan que cuentan que en mayo
los dos se fueron un día
y dejaron en sus libros
varias páginas vacías.
Los personajes del libro
ofendidos protestaban:
"Las princesas de los cuentos
no se van con los piratas".
Pero ellos ya estaban lejos,
muy lejos, en alta mar
y escribían otra historia
conjugando el verbo amar.
El pirata y la princesa
aferrada al brazo de él
navegan por siete mares
en un barco de papel.


Autora:Liliana Cinetto
De: “Veinte poesías de amor y
un cuento desesperado”.

Outra historia de amor tenra e moi emotiva ,neste caso unha curta do ruso Konstantin Bronzit. Lavatory – Lovestory- nun orixinal escenario.

8/2/10

C DE CARAUTA



Animádevos a ler este poema pertencente ao libro " Galicia", da colección do A ao Z da Editorial Everest. Un conxunto poético a modo de guía por algúnss dos elementos significativos da cultura galega contemporánea. Este poema é moi axeitado para estas datas pero se queredes ler o libro non vos esquenzades que na biblioteca poderedes atopalo.


Con caretas indiscretas
Con cen mecos tirulecos,
Con teatros, con zapatos
E disfraces moi baratos,
formaremos polas rúas
un enorme batallón;
un farruco, un madamito,
un volante, un vergalleiro,
un charrúa, un peliqueiro
e un montón de cigarróns
perseguidos ás carreiras
polo oso de Brollón.


Ana Mª Fernández e Xoan Babarro


AS ORDES DO MECO




OLLO CO MECO!!!

Hoxe luns, día 8 de febreiro , chegou o Meco ao colexio Fermín Bouza Brey. Para todos nós deixou o seguinte mandato:
“Eu son o rei do Entroido,
Meco danme en chamar;
obedece as miñas ordes ,
se ben o queres pasar.”

1. Martes moi ledo virás,
e algo na testa traerás.

2. Para o teu pescozo adornar,
algo divertido, o mércores,traerás.


3. Xoves, un mandil tes que traer,
para moitos doces facer.
Aqueles que non queiran
as miñas ordes cumplir,
mil desgrazas e mil dores,
todo o ano han sufrir!!!



6/2/10

O ULTIMATUM EVOLUTIVO


O ultimatum evolutivo é unha cortometraxe realizado por la ONGD SETEM Comunitat Valenciana e o director gañador de dous Goyas, Pablo Llorens. para difundir el corto de concienciación social y ecológica Forma parte dun proxecto de concienciación social e ecolóxica sobre as causas e consecuencias do consumo irresponsable e preséntanos alternativas positivas ao noso alcance.

Non sexas Homo consumus!!! Evoluciona!!!



Se tes curiosidade sobre o que hai detrás do corto, e como se fixo podes ver máis neste vídeo.