![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgxOncZ7tOLL4h1y0LWpxWW6eTFVHZDCkjxO-DdFGXncByCXsKWOPkCXohE7IWAEvS-48QcqLc7SHPn1lwqCTu-5TOhhwyyRhfdPz2NRD3gl4DFfmmBDW4Jegu7CDp_DQEr_YLQUzUHCv9H/s320/doaaoz.jpg)
Animádevos a ler este poema pertencente ao libro " Galicia", da colección do A ao Z da Editorial Everest. Un conxunto poético a modo de guía por algúnss dos elementos significativos da cultura galega contemporánea. Este poema é moi axeitado para estas datas pero se queredes ler o libro non vos esquenzades que na biblioteca poderedes atopalo.
Con caretas indiscretas
Con cen mecos tirulecos,
Con teatros, con zapatos
E disfraces moi baratos,
formaremos polas rúas
un enorme batallón;
un farruco, un madamito,
un volante, un vergalleiro,
un charrúa, un peliqueiro
e un montón de cigarróns
perseguidos ás carreiras
polo oso de Brollón.
Con cen mecos tirulecos,
Con teatros, con zapatos
E disfraces moi baratos,
formaremos polas rúas
un enorme batallón;
un farruco, un madamito,
un volante, un vergalleiro,
un charrúa, un peliqueiro
e un montón de cigarróns
perseguidos ás carreiras
polo oso de Brollón.
Ana Mª Fernández e Xoan Babarro
No hay comentarios:
Publicar un comentario