30/5/11
VI MOSTRA DE TEATRO
Noraboa a todos os participantes!!
27/5/11
LER TEATRO PARA PASAR UN BO RATO
26/5/11
7/5/11
CANTIGA DE QUINTO . "A RIANXEIRA"
A RIANXEIRA ONDIÑAS VEÑEN, ONDIÑAS VEÑEN ONDIÑAS VEÑEN E VAN NON TE VAIAS RIANXEIRA QUE TE VAS A MAREAR.
A VIRXE DE GUADALUPE CANDO VAI POLA RIBEIRA DESCALCIÑA POLA AREA PARECE UNHA RIANXEIRA DESCALCIÑA POLA AREA PARECE UNHA RIANXEIRA.
ONDIÑAS VEÑEN, ONDIÑAS VEÑEN ONDIÑAS VEÑEN E VAN NON TE VAIAS RIANXEIRA QUE TE VAS A MAREAR. A VIRXE DE GUADALUPE CANDO VAI PARA RIANXO A BARQUIÑA QUE A LEVA ERA DE PAU DE LARANXO.
ONDIÑAS VEÑEN, ONDIÑAS VEÑEN ONDIÑAS VEÑEN E VAN NON TE VAIAS RIANXEIRA QUE TE VAS A MAREAR.
A VIRXE DE GUADALUPE QUEN A FIXO MORENIÑA FOI UN RAÍÑO DE SOL QUE ENTROU POLA VENTANÍÑA FOI UN RAÍÑO DE SOL QUE ENTROU POLA VENTANÍÑA.
ONDIÑAS VEÑEN, ONDIÑAS VEÑEN ONDIÑAS VEÑEN E VAN NON TE VAIAS RIANXEIRA QUE TE VAS A MAREAR.
|
As familias de LAURA ESTÉVEZ , de 5ºA, e de MARÍA SIMÓN, de 6ºA, foron as que nos fixeron chegar esta cantiga.
Grazas unha vez máis!!!
6/5/11
CANTIGA APADRIÑADA POR PRIMEIRO: "POLO RÍO ABAIXO"
Esta cantiga foi aportada polas avoas de Diego Pino Peixoto (5ºA) e a de Mónica (1º B)
POLO RÍO ABAIXO VAI
UNHA TROITA DE PÉ,
CORRE QUE TE CORRE
QUEN A POIDERA COLLER?
QUEN A POIDERA COLLER?
QUEN A POIDERA PESCAR?
Variante:
Quen a poidera pillar???
POLO RÍO ABAIXO VAI
UNHA TROITA A NADAR.
NO HAI QUIEN PUEDA ,
NO HAY QUIEN PUEDA,
CON LA GENTE MARINERA
MARINERA, PESCADORA
NO HAY QUIÉN PUEDA POR AHORA
Animádevos a cantala!
CANTIGA DE CUARTO: "O GATO"
Esta cantiga fíxonola chegar a avoa de SIMÓN de 5ºB e a de Pedro García de 6º de Educación Infantil.
O GATO
XUNTÁRONSE CATRO UN DÍA
OS MELLORES DESTE BARRIO
MATARON UN GATO A TIROS E O METERON NUN SACO.
VAI O GATO METIDO NUN SACO
VAI O GATO PARA TERRA DE LAXE
VAI O GATO METIDO NUN SACO
AI! GATIÑO XA NON VOLVE MÁIS.
QUE TAL LLES PARECERÍA
A CALQUERA DISES CATRO,
QUE OS METERAN NUN SACO
COMO METERON AO GATO.
VAI O GATO....
Se queredes animarvos a cantala clicade sobre o debuxo de arriba.
CANTIGA DE TERCEIRO : "LÉVAME"
LÉVAME, LÉVAME, LÉVAME
LÉVAME Á BEIRA DO MAR
UNHA NOITE PRATEADA
NOITE DE “RAYO” LUAR.
LÉVAME, LÉVAME, LÉVAME
LÉVAME Á BEIRA DO MAR
LÉVAME MEU QUERIDIÑO
QUE EU TAMÉN QUERO BAILAR.
EU QUERO BAILAR! EU QUERO BAILAR!
EU QUERO BAILAR NO MEDIO DA RÍA
EU QUERO BAILAR , EU QUERO BAILAR
EU QUERO BAILAR EN VILGARCÍA.
A avoa de JACOBO ÁLVAREZ PARGA de 5ºA foi a que nos fixo chegar esta cantiga.
Moitas grazas!!!
CANTIGA DE SEGUNDO: "NA BEIRA DO MAR"
NA BEIRA DO MAR
NA BEIRA, NA BEIRA ,
NA BEIRA DO MAR ,
HAI UNHA BARQUIÑA
PRA IR A NAVEGAR
PRA IR A NAVEGAR
PRA IR A NAVEGAR
NA BEIRA , NA BEIRA , NA BEIRA DO MAR .
OLLOS VERDES SON TRAIDORES
OS AZUIS MENTIREIROS
OS NEGROS E ACASTAÑADOS
SON FIRMES E VERDADEIROS.
NA BEIRA, NA BEIRA ,
NA BEIRA DO MAR ,
HAI UNHA BARQUIÑA
PRA IR A NAVEGAR
PRA IR A NAVEGAR
PRA IR A NAVEGAR
NA BEIRA , NA BEIRA , NA BEIRA DO MAR .
CINCO SENTIDOS TENEMOS(BIS)
OS CINCO NECESITAMOS,
PERO OS CINCO PERDEMOS
CANDO NOS ENAMORAMOS
NA BEIRA, NA BEIRA….
A familia de MANUEL, de 5ºB, e de CARLOS MOLDES PEÑA, de 6º de E. I, foron as que nos fixeron chegar esta cantiga.
3/5/11
OS DE EDUCACIÓN INFANTIL REGÁLANNOS UNHA CANTIGA
Queremos facer un cancioneiro con todas elas, e non deixar que se esquezan.
Neste curso apadriñamos unha cantiga por nivel, para aprender a cantala.Así
cando haxa unha reunión familiar, poderemos participar do lecer de cantar xuntos.
Tamén fixemos fermosos murais representando a cantiga apadriñada .
Hoxe empezaremos a mostrarvos o mural de Infantil e a cantiga apadriñada no seu ciclo:
“A saia da Carolina” aportada polas familias dos alumnos:ALICIA RAIMÚNDEZ UCHA (6ºC),
ROCÍO BARROS PRESA (5ºA) e ALBA RODRIGUEZ RODRIGUEZ (1ºC)
TEN UN LAGARTO PINTADO
CANDO ACAROLINA BAILA
O LAGARTO DALLE AO RABO.
BAILACHES CAROLINA?
BAILEI, SI SEÑOR
DIME CON QUÉN BAILACHES
BAILEI CO MEU AMOR
BAILEI CO MEU AMOR
BAILACHES CAROLINA?
BAILEI, SI SEÑOR.
2/5/11
VISITA DO CENTRO DE DÍA
No Centro de Día , teñen un obradoiro de cantigas polo que o venres pasado viñeron visitarnos para deleitarnos con algunhas delas. Os alumnas e alumnos de 5º de Primaria para agradecerlles que se achegaran ao noso centro, quixeron compartir con eles algúns poemas, e cantigas que aprendimos neste curso.
Este ano, no cole, co proxecto “Regálame unha cantiga” estivemos coñecendo algunhas cantigas de caracter festivo que se soían cantar nas reunións familiares, despois de xantar....
Coa colaboración das nosas familias recollimos perto de setenta cantigas diferentes, que formarán un pequeno cancioneiro, para o noso cole.
Cada curso, apadriñou a súa cantiga:
Infantil “A saia da Carolina”
1º “Polo río abaixo vai”
2º “Na beira do mar”
3º “Lévame , lévame”
4º “Vai o gato metido nun saco”
5º “A Rianxeira”
6º “Catro vellos mariñeiros”…
Así poderemos cantar coas nosas familias e , coas amigas e amigos , e axudar a que ese saber vaia pasando das persoas maiores aos pequenos, para que non se perda.
Comezamos por recitarlles uns poemas de Antonio García Teijeiro , escritor do que estivemos coñecendo algúns poemas da súa obra, e que hai moi pouco tivemos a sorte de ter connosco , no colexio . Tamén recitaron algúns compostos por eles mesmos.
A SRA. VITORIA regalounos un POEMA de Rosalía de Castro, da súa obra “Cantares Gallegos”.
Eles regaláronos as cantigas “Ai Pepiño adeus”, e “Eu queríame casare” .
Antes de rematar este Encontro entre distintas xeneracións , a señora Avelina contounos un conto, exemplo tamén da nosa tradición oral : “O piollo e a pulga”
Como peche final os alumnos e alumnas quixeron regalarlles a súa cantiga apadriñada: “A Rianxeira” . Algúns dos maiores tamén se animaron a cantala.
Moitas grazas de novo por achegarse ata aquí !
Desexamos que volvan pronto!!