![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgC8PKaReZ282SIUSnbbpV00-kw_oicUDoaawaJ6QOQqEL3VyDqul4K3EeAGuHLUpvR4x-fMdrjmpRIskB5fyOew30-EkyYJj57mtX6cT7U5ky9AVH5XNdXK-Z0-cHTS6Lreo5jD1NcLv-e/s400/cartel2011_peq4.jpg)
No mes de outubro as bibliotecas escolares xa estamos inmersas en proxectos e actividades.
Este ano para celebrar o Día da biblioteca (24 de outubro), o mes da biblioteca escolar (segundo convocatoria da IASL), a Consellería de Educación edita un cartaz cunha imaxe de Emma Ríos, ilustradora do mundo do cómic, interpreta o lema proposto, Biblioteca escolar, última xeración, e ofrécenos unha visión do que son e poden ser as bibliotecas escolares:
" lugares de encontro e de convivencia, espazos de aprendizaxe e de contacto gozoso coa cultura escrita; integración dos distintos soportes e formatos que albergan a información e os contidos culturais, oportunidades para soñar e imaxinar; apoio para a adquisición de competencias básicas e construción de coñecementos de calquera tipo; escolas de cidadanía".
(Vía Asesoría de Bibliotecas Escolares Galegas)