27/9/09

POSTA EN MARCHA DO CLUB DE LECTURA



O xoves 1 retomaremos as xuntanzas do CLUB DE LECTURA.
Estamos traballando na selección dos libros, e pasaremos polas clases para anotar aos que queirades entrar nel.
Esta primeira xuntanza será para vernos, e presentarvos as propostas dos libros.


Logo haberá unha reunións mensual.Leremos un libro ao mes, sempre que sexa posible.

En cada reunión comentaremos o libro.

As reunións serán na biblioteca, e na hora do recreo co bizcoito de chocolate incluído.A non ser outro tipo de actividades que sería fora do horario escolar.

Para formar parte do club, terás que estar en 5º ou 6º de Primaria, e ler o libro.

Se queredes ver como foi o club o pasado curso podedes clicar no seguinte enlace.







23/9/09

LUME NOS CONTOS


NIÑO. Si tú me quemas el bosque,
habrás quemado mis cuentos.


NIÑA. Los cuentos que cada tarde
me contaban mis abuelos:
el cuento de Blancanieves
y los enanos traviesos.


NIÑO. El cuento de los cerditos
y de Hans el Escudero;
el cuento del hada buena,
y el cuento del gato ciego.


NIÑA. El cuento de aquella bruja
que dormía en su sombrero.


NIÑO. Caperucita y el Lobo...

NIÑA. La abuela y el Pato Feo...

CORO DE NIÑOS. Si tú me quemas el bosque,
¡habrás quemado mis sueños!
Habrás quemado las hojas
de todos, todos mis cuentos.



JOSÉ GONZÁLEZ TORICES
Cuatro estaciones.Teatro para niños.

Nesta poesía fálase da quema dos bosques.

¿Sabedes que un de cada 5 árbores talados utilízase para fabricar papel?

Se aforramos papel podemos frear a tala de árbores . ¿Como facelo?

  • Escribe polas dúas caras dos folios
  • Non leves para casa publicidade que logo tirarás á basura
  • Ten na casa un cubo para papel e cartón...

Entre todos podemos conseguir un mundo mellor.

AMIGOS E AMIGAS DO MEDIO AMBIENTE (GRUPO AMA)




Ola, pequenos e pequenas! Vouvos falar do grupo de voluntari@s que tan ben dinamizastedes o ano pasado, e que tivo un grande éxito, grazas, sobre todo, á vosa constancia e dedicación. O patio da nosa escola transformouse para ben, moito máis limpo e saneado. Debemos e podemos continuar este ano pero con moito máis compromiso e aporte.

No grupo A.M.A. non só participan os voluntarios, ten que ser unha laboura cooperativa de tod@s @s que formamos parte deste centro: profesor@s e alumn@s. Os voluntarios teñen a obriga de controlar a quen ensucie o patio con restos orgánicos e inorgánicos, de que non se rompan as árbores nin as plantas; pero debedes facelo con diálogo permanente e con boas maneiras, estar convencidos da necesidade do voso traballo pero convencer ao resto do mesmo xeito.

E non queda aí a cousa; debemos potenciar a actividade, por exemplo:

* Creando un sistema de comunicación co coordinador das Actividades Medioambientais, directo e operativo, para que vos atenda nos momentos de conflictos cos compañeiros e compañeiras.

* Falando cos titores e titoras respectivos para que sexa xa unha realidade o uso dos contenedores de reciclaxe nas aulas e recunchos dos corredores, sempre antes de baixar ao recreo.

* Completando eses recipientes para que os residuos se separen nos tres grupos principais: cartón e papel, plásticos e aluminios, e por último, os restos orgánicos.

E nada máis polo de agora. O mes que vén seguirei escribíndovos. E lembrar aquela frase de Albert Einstein que dicía algo así como:

“Produce unha inmensa tristeza pensar que a natureza fala mentres o xénero humano non escoita”.

Parabéns, de novo, e ata pronto.


22/9/09

CALENDARIO ILUSTRADO DE SETEMBRO




Neste mes de setembro e
ata o remate do ano 2009
continuaremos publicando
mes a mes, o calendario
de festas , ilustrado
por nenos e nenas do noso colexio.

Esta vez está adicado á parroquia de Ponteareas
que celebra as súas festas de setembro

Colaboraron na ilustración
mozas e mozos de 6º curso
que xa empezaron a súa andaina
no instituto .

Agarimosos saúdos!!!

19/9/09

A FLOR MÁIS GRANDE DO MUNDO

Disfrutade deste Conto de José Saramago. Este corto foi realizado por Juan Pablo Etcheverry e musicado por Emilio Aragón.

O neno da historia ten que salvar unha flor que pode morrer por falta de auga. Cando sube a montaña , verá a flor, medio morta. Non solicita axuda, busca recursos por sí mesmo para cumplir a súa misión.





A curtametraxe paréceme preciosa pero non deixaría de ler o conto.

16/9/09

CARTA DO XEFE INDIO SEATLE

Despois de 150 anos a mensaxe da carta do Xefe Indio Seattle ao presidente dos Estados Unidos de Norteamerica, segue estando vixente .
Carta que enviou en 1855 en resposta á oferta de compra das terras dos Suwamish no noroeste dos Estados Unidos, o que agora é o Estado de Washinton. Os indios americanos estaban moi unidos á súa terra , é máis, pensaban que a terra era a dona dos homes. Está considerada como "a declaración máis fermosa e profunda que xamáis se fixo sobre o medio ambiente"
Disfrutade escoitando e vendo este vídeo.



15/9/09

AS BOLSAS DE PLÁSTICO PASARÁN Á HISTORIA

Este ano co noso proxecto convertirémonos en defensores do medioambiente, xa eramos pero durante este curso máis.

Hoxe querémosvos falar sobre as bolsas de plástico. O emprego desmedido que facemos delas e dos problemas ambientais que provoca.

Con cada compra utilizamos bolsas novas (5 ou 10 minutos). Pouco uso comparando coa materia prima e a cantidade de enerxía que se consume para a súa fabricación.
Cunha soa bolsa que reutilicemos ao día conseguiremos reducir o risco de contaminación e de ameaza para as especies animais.

Invitámosvos a ver este vídeo para que o entendades máis claramente.


8/9/09

COMEZAN AS CLASES


Despois dete paréntese vacacional, estamos de novo de volta , con renovadas forzas, con entusiasmo e con moitas novidades .

O curso pasado o noso proxecto tiña por tema"As escolas e festas noutros lugares"este ano seguiremos lendo NATURALmente, aprendermos moitas cousas sobre a natureza.





5/9/09

OS LIBROS TAMÉN SON OLLOS MÁXICOS

Hoxe presentámosvos un conto da India que nos recorda a importancia de amar a lectura.

PRIMEIRO PECHADE OS OLLOS E VOADE CON KAPIL, PARA DISFRUTAR DA HISTORIA , LOGO NON PERDADES A OPORTUNIDADE DE LELA VOS MESMOS.