24/10/10

TALANDO CABAZAS PARA O SAMAÍN

Todos estades traballando moito para a exposición de cabazas que facemos nestas datas. Por se vos queredes saber máis sobre esta arte clicade na seguinte imaxe.




A LECTURA TAMÉN VIAXA EN BIBLIOBURRO

Navegando pola rede atopámonos cunha experiencia levada a cabo polo profesor Luis Soriano en Colombia, xa dende fai varios anos. Percorre cos seus burros, Alfa e Beto, as aldeas cercanas para levar a cultura a quen non ten acceso aos libros. Comenzou cuns 70 títulos e agora xa conta cuns 4.800 exemplares. Soriano sentiuse fascinado pola lectura dende pequeno. Como mestre de primaria, ocurriúselle a idea despois de observar o poder que tiña a lectura nos seus estudantes



Con tal de que a lectura chegue ao seu destino, o medio de transporte é o de menos. Toda unha lección de humanidade nesta era das novas tecnoloxías.

18/10/10

MOSTRA DE RELATOS DE MEDO


Un ano máis convocamos esta mostrra de relatos de medo coa chegada do outono e aproveitando o Samaín.

BASES :

o Poderán participar todos.as alumnos e alumnas do Centro quer individualmente quer en grupos .

o Os textos deberán ser orixinais e inéditos e serán de extensión libre .

o Decoraremos o texto con debuxos alusivos e/ou marcos ou cenefas .

o Os folios cos relatos conterán o nome, apelidos e curso da autoría .

o Entregaran-se en folio a Titor/a ou na Biblioteca até o 28 de outubro, xoves .Non se aceptarán traballos fóra do prazo marcado . Agradecerase a participación .

o Durante a 1ª semana de novembro poderemos asistir na Biblio à lectura ou representación dos relatos por parte de autores empezando sempre polos de 6º . E tamén no noso blogue !!!

o Os relatos poderán recollerse na semana do 7 de novembro para pasar a ser parte da carpeta literaria de cada autor.

Animádevos a participar! Pasarémolo de medo!



13/10/10

CANTANDO EN GALEGO DENDE A INDIA

Nun lugar moi afastado da India estase cantando unha das cancións máis populares en galego.
En Pubai-Orissa, na India, existe unha escola financiada por veciños de Cangas a través da ONG Shanga. Ademáis de alimentalos, os nenos reciben formación e entre as clases non podía faltar a música.
Velaí un vídeo cunha mostra do que aprenderon.

10/10/10

A MIÑA BIBLIOTECA IMAXINARIA



No mes das bibliotecas te invitamos a imaxinar e ilustrar como sería a túa biblioteca particular, un espazo cheo de maxia.

Que tería a túa biblioteca imaxinaria ?

Tería un parque con árbores e bancos?
Tería libros comestibles?
Estaría nunha árbore e as súas polas serían os andeis?
Con todos os vosos debuxos faremos unha fermosa exposición.

Deixa voar a túa imaxinación !!!

8/10/10

AS MOCHILAS VIAXEIRAS EN MARCHA



Un ano máis pomos en marcha unha das actividades de fomento da lectura que temos dentro do Proxecto Lector do Centro. Trátase das Mochilas Viaxeiras, que a maioría xa coñecedes, irán de casa en casa con lecturas e películas para compartir con ilusión pais e fillos. Irán acompañadas dun Caderno no que cada familia reflexará as opinións e impresións que lles suxire o material, tamén poden ir acompañados de debuxos sobre as lecturas ou película.
Entregaránse os venres e terán que ser devoltas o mércores da semana seguinte.

Para levar a cabo esta actividade, dun xeito efectivo e motivador, necesitamos que non o vexades como deberes, senón como un xeito de compartir e disfrutar os libros e películas en familia.

7/10/10

MES DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES




Xa estamos no mes de outubro, o mes das bibliotecas escolares. Este ano é Marina Seoane quen ilustrou o lema proposto, unha ilustradora nacida en Madrid pero asentada xa hai tempo en Galicia, membro de AGPI (Asociación Galega de Profesionais da Ilustración).

O noso Cole non quere pasar este asunto por alto, así que aproveitamos este mes para promover actividades de comenzo de curso para abrir a nosa Biblioteca a todo o alumnado.


  • Posta en marcha das mochilas viaxeiras

  • Sesións de formación de usuarios

  • Comenzo da Hora de Ler

  • Concurso de debuxo: "Unha biblioteca imaxinaria"

Kristy, autora del canal klinderholm en YouTube , agradece nun precioso vídeo á Biblioteca Escolar do seu centro de primaria, que lle cambiase a vida… Está en inglés, pero merece a pena , se non sabes Inglés, déixate levar polas imaxes.




2/10/10

CONMEMORANDO O DÍA DOS MAIORES

Onte, 1 de outubro, conmemorouse o Día Internacional dos Maiores e con tal motivo recibimos a visita dos maiores do Centro de Día do noso concello. Decidiron compartir con nós este día preparando un mural co alumnado de 1º de Primaria, para o que lles ensinaron primeiro a facer unhas fermosas frores.
Todos disfrutamos desta xornada tan especial, pero creo que unha das que máis foi Victoria porque por fin puido ver cumprido o seu sono, ser mestra por un día.







Esta non vai ser a última das colaboracións porque xa sabemos que están preparando algunha actividade máis para vir.Estamos desexosos de volveros a ter aqui.




GRAZAS A TODOS, A CARMEN, CASIANO, TERESA, CONSUELO,VICTORIA, NIEVES, CONCHA, CASILDA, SERAFÍN, ÁNGEL E MARCELINA!! E INCLUSO AOS QUE NON PUIDERON VIR!!