28/5/09
BALA PERDIDA ATRACOU NA NOSA BIBLIOTECA
Hoxe celebramos unha nova xuntanza do Club de Lectura, co tradicional bizcoito de chocolate. Durante este mes Bala Perdida, Rai e Rosa compartiron as nosas vidas. Hoxe xuntámonos para falar deles, das súas aventuras e dos seus sentimentos, se queredes saber máis podedes visitar o blog do noso Club de Lectura.
BLOG DE INFANTIL
Clicade na foto para poder acceder a él.
27/5/09
LENDO TEATRO
25/5/09
VISITA DE ALFOMBRISTAS
Un grupo de alfombristas da Rúa dos Ferreiros veu visitar a exposición fotográfica que temos nos nosos corredoiros. Algunhas delas son protagonistas desas fotos incluso Celia ,a avoa de Pedro, e Mª José, unha ex-compañeira do centro.
Disfrutamos dos seus comentarios e das súas experiencias.
Grazas pola vosa presenza!!!
18/5/09
EXPOSICIÓN DO ALFOMBRADO DAS NOSAS RÚAS
Ata o 11 de xuño pódese visitar no noso centro unha interesante exposición fotográfica. Recolle, por unha parte todo o proceso de preparación e elaboración das alfombras de corpus na nosa vila e noutro apartado,unha breve explicación sobre as orixes dos adornos florais e fotografías antigas das diferentes rúas.
A reportaxe fotográfica do proceso actual do alfombrado foi realizado no ano 2006 na Rúa dos Ferreiros.
Desde o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do centro, quixemos achegar esta tradición ao noso alumnado e , á vez , facer unha pequena homenaxe a ese traballo desinteresado e cooperativo que mulleres e homes, nenos e nenas, levan a cabo nestas datas e, que sen dúbida, é un ben a transmitir , pois forma parte do noso patrimonio cultural.
A exposición xa está aberta ao público todos os días de 13:00 ás 13´50 e todos os martes de 17:00 a 18:30 da tarde .
Na visita tamén se pode ver un calendario ilustrado por alumnado de diferentes niveis , no que se da a coñecer a modo de refraneiro, algunhas das festas parroquiais do noso entorno. Calendario que xa vos fomos amosando neste blog mes a mes.Esta actividade foi realizada para conmemorar o 2009 como ano internacional da astronomía , declarado pola unesco.
ESPERÁMOSVOS!!!
ADIOS A MARIO BENEDETTI
Dende aqui queremos facerlle unha pequena homenaxe cun dos seus poemas cantados por Tania Libertad e Joan Manuel Serrat, a cancion Papel Mojado do disco La Vida ese Parentesis.
15/5/09
O NOSO GLOBO DAS LETRAS GALEGAS
Hoxe como broche final para conmemorar o Día das Letras Galegas, saímos ao patio do cole para ver voar un globo aerostático . Témoslle que dar as grazas, unhan vez máis, ao señor Enrique polo seu traballo, xa que sen a súa axuda nunca conseguiríamos disfrutar desta experiencia.
A voar apréndese voando; a falar falando. Aprender a usar unha língua require práctica, horas de voo.Por iso que mellor xeito de identificar a nosa língua que cun globo.
Ramón Piñeiro pensaba que se todos os galegos coñecésemos e amásemos a nosa cultura, a nosa pervivencia como pobo estaría asegurada.Pretendeu ensinarnos que a nosa lingua e a nosa cultura debían pervivir a través do tempo.
Oxalá que este globo contribúa a recordárnolo.
14/5/09
MALEKÍN NO NOSO CLUB DE LECTURA
Por 6ª vez xuntámonos os clubistas de Bibliobrey para falar, neste caso de "Malekín o el secreto del armario".
Se queredes máis información podedes visitarnos no blog do noso Club de Lectura.
12/5/09
RAMÓN PIÑEIRO
11/5/09
O RAP DA LÍNGUA
Dende o Ceip Mestre Martínez Alonso, de Mos, achégannos esta canción do grupo Migallas "O rap da lingua".Migallas compuxo este rap, incluído no disco "Canta connosco",para que todos e todas nos animemos a falar en galego ,orgullosos e orgullosas de facelo.
O RAP DA LINGUA (MIGALLAS)
QUE FALEMOS EN GALEGO
É UNHA COUSA NATURAL,
COMA A CHUVIA NO INVERNO
E A CALOR NO VERÁN.
EN GALEGO! XA! SI! (BIS)
AINDA HAI PAIS QUE NON LLES FALAN
ÓS SEUS FILLOS EN GALEGO
PORQUE PENSAN QUE É UNHA LINGUA
PARA POBRES E "PALETOS".
AOS TEUS PAIS ANIMARÁS
A FALARCHE EN GALEGO,
QUE NON CHE VAN SAÍR GRANS
NIN TAMPOUCO CAE O PELO.
HAI RAPACES E RAPAZAS
QUE Ó IR Ó INSTITUTO
NON QUEREN FALAR GALEGO
PORQUE DIN QUE É MONTUNO.
MAIS SE ALGUÉN CHE FAI TILÍN
E O QUERES NAMORAR
FAILLE AS BEIRAS EN GALEGO,
DE SEGURO LIGARÁS!
HAI RAPACES E RAPAZAS
QUE QUEREN FALAR GALEGO
PERO AÍNDA NON O FALAN
PORQUE DIN QUE TEÑEN ERROS.
ANQUE O FALES TODO O DÍA
NON CHE PODE SENTAR MAL.
NIN DÁ MOCOS, NIN DÁ FEBRE.
FAI A PROBA E XA VERÁS!
FALEMOS A NOSA LINGUA
QUE É UNHA LINGUA MOI MODERNA,
NAS ESCOLAS E NAS CASAS
NAS CIDADES E ALDEAS.
EN GALEGO! XA! SI!
8/5/09
DON MOUCHO E AS LETRAS GALEGAS
Esta semana "Don Moucho" proponnos preguntas relacionadas coas Letras Galegas, podedes aproveitar a exposición para descubrir as respostas ou buscar nos enlaces que vos presentamos neste blog.
Busca, busca e atoparás as respostas!!!
7/5/09
LETRAS GALEGAS
MES DE MAIO, MES DAS LETRAS
Xa chegou o Mes de Maio: o mes das flores e o mes da nosa lingua.
Cada mes de maio festexamos no noso cole as Letras Galegas entre outras actividades coa Mostra de teatro e de cine en Galego, xa imos pola terceira edición.Ademáis estamos a preparar dende o ENDL unha exposición sobre unha das festas máis típicas do noso Concello. Xa vos iremos informando.
Hoxe informámosvos sobre a película que estades vendo estos días, Pérez, o ratiño dos teus soños..
Lucía e a súa familia axudarán ao intrépido Ratiño Pérez a desbaratar os sinistros plans de Fugaz e Pipo, dous malvados ratos que desexan acabar con Pérez. Queren roubar os dentes de todos os nenos do mundo, convertelos en perlas e así se faceren ricos. Película que combina imaxe real e animación 3D.
LEMBRAS A PRIMEIRA VEZ QUE CHE CAEU UN DENTE?
6/5/09
CADEA POÉTICA PARA MARIO BENEDETTI
Desde hai días, o estado de saúde de Mario Benedetti é preocupante; aínda que está mellorando, o poeta segue ingresado . A Fundação Saramago pensou que podíamos dar a ler os seus poemas por todo o mundo e, deste xeito, axudalo nestes momentos tan delicados.
"Construamos um universo Benedetti para el, que tantos momentos soube levantar em nós. Obrigado Mario, pela tua sensibilidade derramada. Estamos a acompanhar-te em todo o mundo"
Hoxe queremos invitarvos a ler un dos nosos poemas favoritos, co que queremos sumarnos a esta homenaxe. . Non hai moito cantar "Te quiero" estaba prohibido,pero comprobade vós mesmos a beleza destas palabras.
TE QUIERO
Tus manos son mi caricia
mis acordes cotidianos
te quiero porque tus manos
trabajan por la justicia
si te quiero es porque sos
mi amor mi cómplice y todo
y en la calle codo a codo
somos mucho más que dos
tus ojos son mi conjuro
contra la mala jornada
te quiero por tu mirada
que mira y siembra futuro
tu boca que es tuya y mía
tu boca no se equivoca
te quiero porque tu boca
sabe gritar rebeldía
si te quiero es porque sos
mi amor mi cómplice y todo
y en la calle codo a codo
somos mucho más que dos
y por tu rostro sincero
y tu paso vagabundo
y tu llanto por el mundo
porque sos pueblo te quiero
y porque amor no es aureola
ni cándida moraleja
y porque somos pareja
que sabe que no está sola
te quiero en mi paraíso
es decir que en mi país
la gente vive feliz
aunque no tenga permiso
si te quiero es porque sos
mi amor mi cómplice y todo
y en la calle codo a codo
somos mucho mas que dos.
Desexamos que o son e a música destas palabras atravesen o Atlántico ata chegar aos seus oidos.