Anímate a recoller unha cantiga tradicional na túa familia!. Pregúntalle aos teus pais , aos avós e avoas ….que che conten cando soían cantar .
Elixide a cantiga que máis vos guste e lembra con eles , momentos de lecer , cando os escoites cantarche esa cantiga , que escrita por ti ou polos teus maiores , debes entregar no cole ao teu titor/ ou titora, o antes posible!!!
Ampliamos o prazo de recollida ata finais de novembro.
Durante estas semanas estivemos celebramos no cole o Samaín, pasamos mooooito meedo, e tamén rimos ás gargalladas con algunha das vosas interpretacións. Disfrutamos cos relatos escritos por todos vos, superándoos cada ano máis.
Na biblioteca puidemosdisfrutar da exposición de libros habitados por trasgos, meigas, fantasmas, monstruos…Don Moucho, a nosa mascota, tamén quixo prepararse para a ocasión.
Os de Educación Infantil crearon aos seus propios monstruos, falaron sobre eles e de como superar os seus medos.
O ambiente na biblio era arrepiantemente, a música de ambiente axudaba tamén, facendo incluso máis verosímil os relatos.
Esta semana visitounos o famoso atrapacontosAnxo Moure, que chegou montado na súa bici baixo unha intensa chuvia .
Nos xa estiveramos lendo o seu libro “O carballo con botas”no cole e por iso estabamos desexando coñecelo.
Convertiu a nosa biblioteca nun restaurante no que nos amosou como atrapar os contos, amasalos, comelos econtalos, e como cada libro é un ximnasio da imaxinación.
Gustáronnos moito os contos doChinchanciño, deCoureliña, a nena que soñou cun bosque de cartón e quixo pintalo de cor... e moitos máis...
Ensinounos a reciclar os nososcorazóns, a valorar a importancia de respetar a natureza.
Explicounos como mirar polo miramundos o corazón dunha árbore, e cando isto se fai xa nunca máis podemos facerlle dano á natureza.
Limpamos o bosque, non deixamos que Chinchanciño tirase máis lixo, abrazamos as árbores, reciclamos o noso corazón.
Explicounos que para defender as árbores hai que mollarse e él mollouse e mollounos coas bagaos, do sufrimento de moitas árbores, que traía nunha botella.
Moitas grazas Anxo por contaxiarnos do teu amor polos libros e pola natureza.
O pasado xoves celebramos o Magosto no cole. Preparamos cestos coas castañas e outros cos manteis e diferentes froitos secos que iamos degustar. Mentras as castañas se ían asando xogamos e cantamos. Despois de comer as castañas e saborear os outros froitos ,os de sexto deleitáronnos cun rap do magosto e entregouselles os agasallos aos gañadores da castaña máis grande e da máis pequenna.
Como xa todos ben sabemos o outono é unha estación que inspirou a moitos escritores, polo que ten de nostalxia, de morriña, de saudade... O sol vai deixando paso ás nubes, ao vento e ás chuvias. A natureza amósanos unha paisaxe diferente chea de cores, luces...
Como exemplo, aquí tendes un poema que nos fixeron chegar Florencia e Alba, dúas alumnas de 5ºA, inspiradas tamén por esta estación.
Este blog nace ligado á biblioteca do noso centro coa única pretensión de ser unha ferramenta útil ao servizo de toda a comunidade educativa.Neste espazo dixital aparecerán as actividades da nosa biblioteca, recomendacións sobre libros, orientacións para as familias, direccións de páxinas webs interesantes...