20/6/08

XA REMATA O CURSO


Un ano máis temos que despedirnos dos nosos axudantes da biblioteca, xa que como sabedes teñen que empezar unha nova etapa, a ESO, no Instituto. Fixémoslle entrega duns agasallos polo seu traballo desinteresado.

Grazas a todos e todas e sorte para esta nova etapa!!!

16/6/08

LECTURAS REFRESCANTES PARA O VERÁN

Para que ninguén pase o verán sen ler aquí deixámosvos algunhas recomendacións.

Ao longo do día sempre hai un tempo especial, “unha hora de”: hora de comer, hora de xogar, hora de bañarse, hora de durmir…tamén pode haber unha hora de ler.
Desexamos que neste verán atopedes ese tempo para a lectura.




10/6/08

MÁIS TEATRO

Os de quinto e sexto tamén quixeron deleitarnos coas súas actuacións.


5/6/08

CONTINÚA O ESPECTÁCULO

Como xa vos informamos durante esta semana estivemos asistindo ás representacións de teatro de distintos cursos. A continuación deixámosvos unha mostra.


2/6/08

III MOSTRA DE TEATRO EN GALEGO







Hoxe empezamos, por terceiro ano, coa mostra de teatro en galego. Os primeiros foron os de Educación Infantil, debutaron para os seus compañeiros de etapa e para os do CRA de A Picaraña, estos últimos tamén nos ofreceron unha pequena mostra. Deixáronnos a todos impresionados cos seus dotes artísticos.