Deixámosvos algúns máis dos contos cos que participáchedes no certame deste ano.
¡¡Que escritores e escritoras tan boas temos!!
¡Disfrutade lendo estos novos contos!
30/12/08
27/12/08
LA NAVIDAD DE PAPÁ NOEL
Acabo de atopar en YOU TUBE este conto, pertencía a unha colección de Salvat que traía o libro e a súa cinta de cassette.¡¡Que recordos!!
CONTOS DO NADAL
Como xa ben sabedes, neste mes tivemos o II Certame de Contos de Nadal cunha grande participación pola vosa parte. Dende hoxe iremos presentándovos algúns deses contos que escribíchedes.
Tamén teredes a oportunidade de lelos na biblioteca, no andel adicado aos vosos escritos.
Hoxe tócalle o turno a Mar, de 5º, co conto "El espíritu navideño"
¡¡Non vos perdades esta historia!!
Tamén teredes a oportunidade de lelos na biblioteca, no andel adicado aos vosos escritos.
Hoxe tócalle o turno a Mar, de 5º, co conto "El espíritu navideño"
¡¡Non vos perdades esta historia!!
20/12/08
CELEBRANDO O NADAL
Deixámosvos aqui unha pequena mostra dalgunhas das actuacións coas que puidemos disfrutar onte no noso colexio. Dende este recuncho querémosvos desexar a todos
¡¡Felices festas!!
¡¡Felices festas!!
19/12/08
UN LIBRO POLO NADAL ( II )
Un ano máis presentámosvos as nosas recomendacións de lectura , resultado das propostas que entre tod@s fixemos despois de visitar a exposición "Un libro polo Nadal".
BubbleShare: Share photos - Find great Clip Art Images.
VISITAS Á EXPOSICIÓN DE LIBROS PARA O NADAL
Durante o mes de decembro tivemos aberta a nosa biblioteca coa exposición das últimas novidades dalgunhas editoriais.Foi visitada non só polo alumnado senón tamén polas familias.
12/12/08
XUNTANZA DO CLUB DE LECTURA EN IMAXES
Esta semana xuntámonos de novo para falar de libros.¡Non lles daba chegado o momento!
Outra vez a biblioteca pechada só para nós.
O mércores volvimos a falar dos Megatoxos, agora co primeiro grupo.
Pedro incluso buscou información sobre os Templarios e a Idade Media, xa que para él foi necesario a hora de entender o libro.
O xoves falamos outra vez sobre A canción de Amina.
Aitor informounos sobre Marrocos, escenario no que se ambienta o libro e incluso quiso situalo no globo terráqueo.Carla non conseguía entender porqué había esas diferenzas entre os homes e as mulleres nesas culturas, intercambiáronse opinións e comentarios.
Foi un bo día para falar sobre os Dereitos Humanos a partir do libro.
10/12/08
10 DE DECEMBRO: DÍA DOS DEREITOS HUMANOS
Hoxe celebramos o 60 aniversario da Declaración do Dereitos Humanos. Estos seguen incumplíndose en moitos lugares do mundo.
Amnistía preparou este vídeo, que nos chegou vía Un rato na biblioteca, para conmemorar este aniversario e lembrar que todavía queda moito por facer.
Se queredes saber máis sobre a Declaración dos Deretitos Humanos podedes visitar os seguintes enlaces:
Dereitos humanos
Amnistía preparou este vídeo, que nos chegou vía Un rato na biblioteca, para conmemorar este aniversario e lembrar que todavía queda moito por facer.
Se queredes saber máis sobre a Declaración dos Deretitos Humanos podedes visitar os seguintes enlaces:
Dereitos humanos
9/12/08
4ª XUNTANZA DO CLUB DE LECTURA
Non vos olvidedes que mañán e pasado nos volvemos a xuntar para falar dos libros. Agora tocaralle ao primeiro grupo falar sobre "Os Megatoxos e a espada esmeralda" e ao segundo sobre "La canción de Amina".
E se queredes entrar no Blog dun destos libros para deixar comentarios ou opinións clicade neste enlace:
"OS MEGATOXOS"
Esperámosvos!
Non faltedes á nosa cita!
8/12/08
UN LIBRO POLO NADAL ( I )
Un ano máis abrimos as portas da nosa biblioteca coa exposición de novidades
dalgunhas editoriais.Como sabedes esta actividade está incluída dentro da nosa campaña "Un libro polo Nadal".Durante toda a semana podedes aproveitar para visitala, e os martes pola tarde traer ás vosas familias para xuntos escoller posibles títulos para incluir na vosa lista de agasallos.
Esperámosvos!!!
5/12/08
UN REPASO AO NADAL
Sí, sí, xa sabemos que o Nadal xa está chegando. Pero o que quizáis non saibades é que non se celébra do mesmo xeito en todo o mundo. Imos dar un paseo polo mundo para coñecer as curiosidades desta festa.
En España estabamos acostumados a que nos trouxeran os agasallos os Reis Magos, o mesmo que nalgúns países de América Latina. Pero nestas últimas décadas Papá Noel tamén aparece repartíndonos os seus agasallos, como no resto do mundo. Eso sí, non sempre se chama Papá Noel.
• Santa Claus , en Estados Unidos, Colombia , México e máis paises
• Father Christmas en Inglaterra
. Père Noël, en Francia
• Viejito Pascuero en Chile
• Nikolaus, en Alemania
. Sinterklaas, en Holanda
• Babouschka, en Rusia
En Italia é unha bruxa chamada Befana quen visita as casas para encher os calcetíns, colgados polos nenos e nenas esa noite, se foron bos con caramelos e chocolatinas, pola contra se foron malos con carbón (formado en realidade por dulces de cor e forma parecida ao carbón). Aquí en España tamén hai máis tradicións: en Cataluña, os agasallos os trae o Tió, e en Euskadi é o Olentzaro. Si queres saber máis sobre estos personaxes podes facer click sobre as fotos.
3/12/08
3ª XUNTANZA DO CLUB DE LECTURA
Non vos olvideses que esta semana vólvese a reunir o Club de Lectura no recreo.
O primeiro grupo, o mércores 10 e o segundo ,o xoves 11.
Agora serán os primeiros os que falen do libro "Os Megatoxos" e os segundos sobre "A canción de Amina"
Xa sei que ademáis do que imos falar tamén estades pendentes do bizcoito de chocolate, non vos preocupedes que non faltará. Levaremos a receita para que aproveitedes o Nadal para facelo nas vosas casas.
¡Ah! Preparadevos que teremos que practicar esta reggueifa que nos chegou dende O Segrel do Penedo:
A este Club de Lectura
rapaces van máis de oito
que rematan a xornada
comendo un gran biscoito.
Comendo un gran biscoito
eu ben quería estar
en vez de pasar a tarde
sen deixar de estudar.
Non deixar de estudar
eo que debedes facer
se chegado o mes de xuño
non queredes suspender.
1/12/08
II CERTAME DE CONTOS DE NADAL
Chega o Nadal, as luces, os turróns, as festas, os agasallos, as celebracións... pero tamén o "II CERTAME DE CONTOS DE NADAL".
Deixa voar a túa imaxinación e presenta o teu conto , xa que o plazo de entrega termina o día 12 de decembro. Seguro que xa tes unha idea da que vas escribir, colle papel e lápiz e empeza xa.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
SAÚDOS
Este blog nace ligado á biblioteca do noso centro coa única pretensión de ser unha ferramenta útil ao servizo de toda a comunidade educativa.Neste espazo dixital aparecerán as actividades da nosa biblioteca, recomendacións sobre libros, orientacións para as familias, direccións de páxinas webs interesantes...
OUTROS BLOGS DA BIBLIOTECA
OUTROS BLOGS DO COLEXIO
RECURSOS PARA O DÍA DA PAZ
CORRECTOR ORTOGRÁFICO
APRENDENDO ASTRONOMÍA
Tempo en Ponteareas
O NOSO CATÁLOGO
Seguidores
BIBLIOTECAS VIRTUAIS
PARA SABER MÁIS
PRENSA
BIBLIOBLOGS ESCOLARES GALEGOS
ENLACES INTERESANTES
Visitas
BIBLIOTECAS ESCOLARES GALEGAS
BIBLIOBLOGS ESCOLARES GALEGOS
A nosa biblioteca
Archivo del blog
-
►
2012
(21)
- ► septiembre (1)
-
►
2011
(43)
- ► septiembre (1)
-
►
2010
(74)
- ► septiembre (1)
-
►
2009
(129)
- ► septiembre (9)
-
▼
2008
(117)
-
▼
diciembre
(13)
- CONTOS DE NADAL (II)
- LA NAVIDAD DE PAPÁ NOEL
- CONTOS DO NADAL
- CELEBRANDO O NADAL
- UN LIBRO POLO NADAL ( II )
- VISITAS Á EXPOSICIÓN DE LIBROS PARA O NADAL
- XUNTANZA DO CLUB DE LECTURA EN IMAXES
- 10 DE DECEMBRO: DÍA DOS DEREITOS HUMANOS
- 4ª XUNTANZA DO CLUB DE LECTURA
- UN LIBRO POLO NADAL ( I )
- UN REPASO AO NADAL
- 3ª XUNTANZA DO CLUB DE LECTURA
- II CERTAME DE CONTOS DE NADAL
- ► septiembre (4)
-
▼
diciembre
(13)
Neste blog as ilustracións e imaxes que publicamos teñen só uso educativo.Facédenos saber se están suxeitas a dereitos de autor ou autora, para poder retiralas.
Moitas grazas
Moitas grazas