23/5/10

INVESTIGANDO SOBRE O CAMIÑO DE SANTIAGO



A celebración do 2010 como Ano Xacobeo é unha oportunidade excepcional para axudar a que o alumnado coñeza o contexto dos Camiños a Santiago.
Galicia é testigo do paso dos peregrinos polo Camiño que, ao longo da historia, leváronos ata o seu destino final: Santiago de Compostela.
O interese neste tema suscitou a idea de investigar sobre él e sobre a orixe do uso das cabazas dos peregrinos.




21/5/10

GUSANOS DE SEDA

Un ano máis apareceron gusanos de seda no colexio.Con esta experiencia os nenos aprenden o proceso biolóxico da naturaleza vendo como nacen os gusanos (cun tamaño de menos de 1 mm.), como medran comendo follas de morera (chegando a medir 4 ou 5 cm.), como producen seda facendo o capullo, como se transforman nunha mariposa e como esta se aparea producindo novos ovos.
Toda unha lección de natureza que ninguén se quere perder.

Se queredes vivir o proceso dun xeito virtual animádevos a ver este vídeo.



Xa sabedes, como mascota é o mellor animal: come e gasta pouco, non ensucia e necesita pouco espacio e pouca dedicación.

13/5/10

MÁIS RECURSOS DE UXÍO NOVONEYRA

Durante este mes as bibliotecas escolares galegas non paran de enviar traballos marabillosos sobre Uxío Novoneyra.
Dende o IES de FENE cheganos esta presentación preparada pola Biblioteca do CEIP MILLADOIRO DE MALPICA.

11/5/10

MANOEL DE RIBADAIRA

A poesía de Novoneyra da moito de si, hoxe queremos pór de manifesto a súa faceta social con este traballo que nos chega vía CPI “LUÍS DÍAZ MORENO” de BARALLA.

Uxío retoma unha historia aterradora para facer un romance e con él recuperar a memoria histórica: "Manoel de Ribadaira" . Como en moitos lugares de Galicia, no Courel tamén se practicaban "paseos" contra aquelas persoas que estaban baixo sospeita. Manoel Cela foi unha delas.

10/5/10

BIOGRAFÍA DE UXÍO NOVONEYRA

Hoxe querémosvos amosar o traballo feito polo alumnado do terceiro ciclo, sobre Uxío Novoneyra. Seguro que vos vai axudar a atopar as respostas ás preguntas propostas por Don Moucho para esta semana.



9/5/10

CINE EN GALEGO

Durante este mes estamos celebrando o mes das letras, como xa sabedes, e entre as actividades propostas está un ciclo de cine en galego.

A primeira película, escollida para os pequenos, foi "O BOSQUE ANIMADO"pero por problemas técnicos houbo que cambiala por "O SOÑO DUNHA NOITE DE SAN XOÁN".

Din as lendas que unha noite ao ano, no San Xoán, os humanos poden acceder ao Mundo Máxico. Elena, intelixente pero pouco soñadora, non cre en contos. Pero cando cae enfermo O seu pai, o duque Teseo, ela está disposta a calquera cousa para lle devolver a ilusión. Mesmo ir na procura de Titania, raíña das fadas. Sen embargo, o Mundo Máxico xa non é o que era, pois malgobérnao o rei Oberón, quen comercia cos feitizos axudado polo trasno Perecho.
Se clicades na imaxe podedes saber máis cousas sobre a película.


Para os maiores escolleuse "O CID, A LENDA". Trátase dunha visión do mito do grande cabaleiro español, moi presente tamén na historia do cine.
Producida pola compañía Filmax, a película tivo unha importante participación galega, xa que traballaron nela profesionais dunha factoría de animación radicada en Santiago de Compostela.

Se queredes saber algo máis sobre esta película clicade sobre a imaxe.





6/5/10

VISITA DE MARÍA LIRES E SUSANA LAMELA

Hoxe tivemos o pracer de recibir na nosa biblioteca, unha vez máis, a Susana Lamela, escritora do libro "Soños de andel"e da ilustradora María Lires.
Escoitámolas lendo diferentes fragmentos e intercambiamos con elas preguntas, comentarios e incluso ilustracións. Houbo quen lle dixo a María que a mamá de Mar se parecía a ela.
Os nenos e nenas estiveron debuxando con Maria , pero alguns xa traian os seus debuxos feitos para regalarllos.Explicáronnos un montón de cousas interesantes, como cando María decidiu darlle vida aos libros a partir dos seus chapeus, quixo reflexaran o seu contido. Susana comentounos que a idea principal deste conto é animar a todos aqueles que teñen algún complexo, todas e todos temos moito que ofrecer e que temos que loitar por facer realidade os nosos soños.

Grazas Susana e María !! !Foi unha xornada irrepetible!!!