2/5/11

VISITA DO CENTRO DE DÍA




No Centro de Día , teñen un obradoiro de cantigas polo que o venres pasado viñeron visitarnos para deleitarnos con algunhas delas. Os alumnas e alumnos de 5º de Primaria para agradecerlles que se achegaran ao noso centro, quixeron compartir con eles algúns poemas, e cantigas que aprendimos neste curso.

Este ano, no cole, co proxecto “Regálame unha cantiga” estivemos coñecendo algunhas cantigas de caracter festivo que se soían cantar nas reunións familiares, despois de xantar....

Coa colaboración das nosas familias recollimos perto de setenta cantigas diferentes, que formarán un pequeno cancioneiro, para o noso cole.

Cada curso, apadriñou a súa cantiga:
Infantil “A saia da Carolina”
1º “Polo río abaixo vai”
2º “Na beira do mar”
3º “Lévame , lévame”
4º “Vai o gato metido nun saco”
5º “A Rianxeira”
6º “Catro vellos mariñeiros”…

Así poderemos cantar coas nosas familias e , coas amigas e amigos , e axudar a que ese saber vaia pasando das persoas maiores aos pequenos, para que non se perda.

Comezamos por recitarlles uns poemas de Antonio García Teijeiro , escritor do que estivemos coñecendo algúns poemas da súa obra, e que hai moi pouco tivemos a sorte de ter connosco , no colexio . Tamén recitaron algúns compostos por eles mesmos.

A SRA. VITORIA regalounos un POEMA de Rosalía de Castro, da súa obra “Cantares Gallegos”.
Eles regaláronos as cantigas “Ai Pepiño adeus”, e “Eu queríame casare” .

Antes de rematar este Encontro entre distintas xeneracións , a señora Avelina contounos un conto, exemplo tamén da nosa tradición oral : “O piollo e a pulga”

Como peche final os alumnos e alumnas quixeron regalarlles a súa cantiga apadriñada: “A Rianxeira” . Algúns dos maiores tamén se animaron a cantala.

Moitas grazas de novo por achegarse ata aquí !

Desexamos que volvan pronto!!

No hay comentarios: