3/5/11

OS DE EDUCACIÓN INFANTIL REGÁLANNOS UNHA CANTIGA



Como xa sabedes é un proxecto que comezamos no 1º trimestre, e grazas a colaboración das familias, temos recollidas perto de setenta cantigas!!.

Queremos facer un cancioneiro con todas elas, e non deixar que se esquezan.

Neste curso apadriñamos unha cantiga por nivel, para aprender a cantala.Así
cando haxa unha reunión familiar, poderemos participar do lecer de cantar xuntos.

Tamén fixemos fermosos murais representando a cantiga apadriñada .

Hoxe empezaremos a mostrarvos o mural de Infantil e a cantiga apadriñada no seu ciclo:
“A saia da Carolina” aportada polas familias dos alumnos:ALICIA RAIMÚNDEZ UCHA (6ºC),
ROCÍO BARROS PRESA (5ºA) e ALBA RODRIGUEZ RODRIGUEZ (1ºC)



A SAIA DA CAROLINA
TEN UN LAGARTO PINTADO
CANDO ACAROLINA BAILA
O LAGARTO DALLE AO RABO.
BAILACHES CAROLINA?
BAILEI, SI SEÑOR
DIME CON QUÉN BAILACHES
BAILEI CO MEU AMOR
BAILEI CO MEU AMOR
BAILACHES CAROLINA?
BAILEI, SI SEÑOR.



Animádevos a aprender a letra e a cantala!!





No hay comentarios: