21/5/12
PRESENTACIÓN DO LIBRO "ANDEIS BALEIROS"
Este mércores pasados acompañamos a Susana Lamela na presentación do seu novo libro "Andeis baleiros". Foi un luxo poder compartir con ela este momento tan especial.
Ani, o protagonista do primeiro libro, enfeitizoume e nesta nova aventura volve facelo. Vai con Mar á casa dos avós, na vila de Lerentrenós, e no faiado coñece un volume sobre Exipto, que lle conta a historia dos libros que vivían aló. Cando regrese á biblioteca terá moitos relatos para contarlles aos seus compañeiros de andeis.
Dende aqui queremos felicitar a Susana polo traballo realizado e animala a que nos siga engaiolando coas súas historias.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
Moitas grazas Bea por compartir un momento tan especial comigo!!!!
Agardo que os ratiños de Lerentrenós engaiolen a todos os lectores como te engaiolaron a ti.
Bicos de andeis
Publicar un comentario