O “rebumbio matemático “ é una competición no campo de xogo das distintas matemáticas : cálculo , estatística , xeometría … organizado pola Asociación galega de profesorado de educación matemática (http://www.agapema.org/?q=taxonomy/term/13 ) detalles descritos no artigo periodístico que segue : (http://www.laopinioncoruna.es/coruna/2012/04/24/forum-prepara-nuevo-rebumbio-matematico/602319.html ) e que vos dará cumprida resposta do que significa e da importancia que en campos como o da educación ten este concurso .
Pola nosa parte concreta de persoas participantes : moitas alegrías . Desde o primeiro momento en que o alumnado é escollido é vivir nun continuo estado medio doce ,medio ansioso. Por un lado é un orgullo , sen dúbida , pero por outro chéganos un pequeno temor a se un será capaz de estar à altura .
Estudamos e estudamos, e na fase final quedamos entre os quince mellores en matemáticas de Galiza ,e conseguímolo : gañamos . Quedamos terceiros!!
Foi unha enorme alegría por nós e por todos vós que nos estabades esperando . Grazas por animarnos . Somos capaces !
Desde esta biblioteca , beixos e abrazos para Iago ,Marta e Anxo e para todas e todos que participaron no rebumbio e para todos e todas que deron ánimos e para todos e todas os profes que puxeron silenciosamente a súa parte para conseguilo .
Nós si , We can !
28/5/12
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario