Mostrando entradas con la etiqueta refráns. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta refráns. Mostrar todas las entradas

1/6/09

CHEGOU XUÑO






Empezamos xuño con moita calor e esperemos que este bo tempo continúe para poder celebrar a festa do Corpus en Ponteareas e o San Xoán.

O curso de 6ºA ilustrou este mes con este bonito refrán adicado a Ponteareas e a Parada.

O Corpus en Ponteareas

as fogatas de San Xoán

e o 29 San Pedro en Parada

habemos de festexar.

30/4/09

MAIO FLORIDO E FERMOSO


“Marzo ventoso e abril chuvioso

fan un maio florido e fermoso”

Todos sabemos que o refraneiro popular

é moi sabio , así que a ver se podemos

disfrutar deste mes de MAIO

que nos trae dúas festas moi importantes

do noso Concello

e que tan ben representaron os de 6º A.

Vai adicado ás parroquias

de Angoares e Ponteareas, dí así:

“O primeiro domingo á Picaraña subirás

e se te espullas…

a San Benito de Angoares

aceite e ovos levarás”




1/4/09

CHEGOU ABRIL


Empezamos un novo mes con sol!!

aínda que o refrán popular

dí que: “En ABRIL …augas mil”

e …non sabemos si se cumplirá…

Vos presentamos o mes ilustrado por

Teresa Pereira de 6ºC

adicado á parroquia de Ribadetea

con esta rima:


“Con paraguas e sen el

hei de ir o vintetrés

á parroquia de Ribadetea

pois o San Xorxe se celebra!!




2/3/09

XA CHEGA MARZO

Comeza un novo mes… e vendo a cantidade
de árbores xa floridas
parece que a primavera se adiantou….
De seguro que moitos paxariños
pronto virán a visitarnos!!

Hoxe presentámosvos un novo refrán
do mes de marzo, adicado á parroquia de Pías,
e ilustrado por Mª Sol de 5º C.

“Entre marzo e abril
sae oo cuco do cubil”…
Se miras que fai bo día
O 31 de marzo,

achégate a Pías…
para ir ao San Benito

de romaría!!



A ver se conseguides aprendelo de memoria!!


2/2/09

CALENDARIO ILUSTRADO

Empezamos febreiro con frío, auga, vento…
por iso o refraneiro popular dí así:

“Febreiriño curto
cos seus días vinteoito

se duras máis catro

non queda can nin rato…”


Queredes coñecer outro refrán?
Foi ilustrado por Elías de 5º A
e vai adicado á parroquia de Areas…

“Polo San Blas
figueiras plantarás
e figos comerás…!”

E o 3 de febreiro
se o queres festexar…

a parroquia de Areas

terás que visitar!!