Con esta entrada queremos dar a benvida ao 2014.
Se o regamos e coidamos entre todos, seguro que se convertirá nun precioso ano con multitude de momentos que compartiremos e recordaremos. Un ano cheo de historias e contos cos que disfrutar. Traémosvos a felicitación de AEDA (Asociación de Profesionales de la Narración Oral en España), que saben moito desto.
2/1/14
20/12/13
UN LIBRO POLO NADAL
Non vos esquenzades... UN LIBRO POLO NADAL!!!
BO NADAL E FELICES LECTURAS!
18/12/13
RADIO GOMINOLA, A RADIO DA NOSA ESCOLA
Unha vez máis a Radio Gominola retomou as súas emisións, neste caso con motivo do Nadal. Os programas foron elaborados polo alumnado de 6º.
Tivemos de todo: enquisas, cancións, poemas...
10/11/13
CELEBRANDO O SAMAÍN
Un ano mais celebramos o Samaín no cole e a biblioteca vestiuse para a ocasión .
Pasamos mooooito meedo coas historias que escribiron, leron e incluso interpretaron algúns rapaces e rapazas. Tamén rimos ás gargalladas con algunha das vosas interpretacións. Disfrutamos cos relatos e unha vez máis demostráchedes o voso talento.
Coma sempre houbo unha exposición de libros , na biblioteca, habitados por trasgos, meigas, fantasmas, monstruos…
Un ano máis o Samaín deu moito que ver e escoitar!
Pasámolo de medooooo!!!
3/11/13
OUTUBRO, MES DA BIBLIOTECA
Para celebrar o mes das bibliotecas escolares organizamos
diferentes actividades:
- Posta en marcha das mochilas viaxeiras para fomentar a lectura. Comparten coas súas familias os libros, as revistas e as películas cos que a mochila vai cargada. Poden deixar suxestións ou contar a experiencia de lectura compartida no "diario da mochila.
- Comenzo da HORA DE LER
- Exposición “Lendo Ciencias na biblioteca” que foi visitada polos diferentes cursos incluso polos máis pequenos.
Exposición “Eu leo”.
Cada alumno escribía o título do seu libro favorito adornándoo como se fose o
lomo dun libro e así con eles puidemos encher os andeis do corredor.
6/10/13
LER CIENCIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR
O cartel que a Consellería de Cultura, Educación e
Ordenación Universitaria edita todo os anos para conmemorar o Día da Biblioteca (24 de outubro) e participar da
celebración do mes da biblioteca escolar que propón a IASL, leva o
lema elixido para este ano, LER CIENCIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR. Con este lema inténtase sensibilizar sobre a importancia da lectura de
textos de carácter científico, de textos divulgativos ou de textos literarios
que tratan temas relacionados coa ciencia. Todos estes contidos pódense atopar na
biblioteca e enriquecen a bagaxe lectora do alumnado. A ilustración é de
PATRICIA
CASTELAO.
Xa vos iremos informando das actividades que temos programadas para este mes.
FELIZ MES DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES!!
21/6/13
LECTURAS REFRESCANTES PARA O VERÁN
Xa rematamos o curso e a piques de comezar o verán , presentámosvos unha selección de lecturas que fixemos para que disfrutedes das vacacións xunto cun bo libro.
BOAS LECTURAS... E FELICES VACACIÓNS!!!
18/6/13
DESPEDÍMONOS CO LIBRO AÍNDA QUEDAN PIRATAS NA COSTA DA MORTE
Con este libro AÍNDA QUEDAN PIRATAS NA COSTA DA MORTE finalizamos as
reunión do Club de Lectura 2012-13.
A pregunta:
Que palabra che ven a
mente cando pensas no libro?
Respondemos: aventura, intriga, interesante, piratas,
tesouro, aturuxo, adolescentes… GALICIA.
Como moi ben nos dixo Gemma, este libro ten moito que ver con GALICIA, a nosa
terriña:
Nel aparecen elementos
xeográficos: Costa da Morte, Finisterra,
Faro de Cabo Vilán, San Andrés de Teixido, Camariñas. Costa da Morte,
soubemos que leva ese nome polo moitos naufraxios que alí ocorreron. Di a lenda
que “a San Andrés de Teixido vai de morto o que non foi de vivo”. Descubrimos
que de todos os lugares que menciona, o lugar onde vive Calorina, Codeiro, é o
único que é imaxinario.
Elementos tradicionais que forman parte da nosa
cultura: Conxuros, queimada, lendas de vampiros e lobishome, as festas do
verán.
“A Illa do Tesouro” (en dous idiomas), A pousada de Xamaica,
libros de psicoloxía, obras completas de Stevenson son libros que ten a familia
de Carolina. Salta a vista o amor por eles sente Carolina, dicía que no desván podía “servirse á carta”.
Adriana sinalou que
lle gustara especialmente “Ademais afeccionarase á lectura e lía toda clase de
libros dos máis variados temas, deixándose levar pola curiosidade e polo
impulso , con saborosa e caótica desorde”. Ela díxonos que lle pasa igual, que
tamén se sinte curiosa e quere saber.
Esta historia de amor entre adolescentes, piratas e tesouros, levounos a reflexionar sobre:
Educación: coincidimos en que o que realmente importa é como
nos eduquen as nosas familias e non o lugar onde esteamos.
Que os libros hai que descubrilos, facerse o
seu amig@ ata que
te enganchas a eles, como lle ocorreu a Hector.
FOI UN PRACER TERVOS A TOD@S NO CLUB DE LECTURA.
10/5/13
LETRAS GALEGAS 2013
Este ano dedícanse as LETRAS GALEGAS a ROBERTO VIDAL BOLAÑO e dende este espazo ofrecémosvos a posibilidade de coñecelo un pouco mellor. Clica nas imaxes.
O CPI de Dices preséntannos este xornal
Dende o Ceip García Barbón achégannos este LIM: Que comece a función!!
No espazo abalar podemos atopar este BRINCALETRAS sobre Roberto Vidal Bolaño, similar a un PASAPALABRA.
Seguro que cando remates xa coñeces moito mellor a este personaxe das nosas letras.
9/5/13
VISITA DA ESCRITORA ALICIA BORRÁS
Debo felicitar a todos os participantes pola súa atención, as súas preguntas... De maneira especial damos a noraboa a Gema pola súa bonita presentación e a todos os do club de lectura que nos axudaron na decoración.
Esperamos que non sexa esta a única visita de Alicia.
24/4/13
APADRIÑANDO LECTORES
Chegou o gran día!!Durante toda a semana os padriños e madriñas (de 6º a 3º) foron coñecendo aos seus afillados e afilladas (EI, 1º e 2º) e escollendo os contos que lle ían ler. Unha vez elexido tiñan que practicar a súa lectura.
Despois do recreo os padriños e madriñas foron buscar aos seus afillados ou afilladas e nun lugar tranquilo do patio se acomodaran e disfrutaran do seu conto.
Algúns padriños e madriñas leváronnlles incluso algúns regaliños, como marcapáxinas feitos por eles, e outros atopáronse que os afillados tamén lles tiñan algúnha sorpresiña, tamén feita por eles.
Levamos varios anos realizando esta actividade e seguimos comprobando como disfrutan con ela. Xa están desexando que pase outro ano para repetila.
Noraboa a todos!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)






















