18/6/13

DESPEDÍMONOS CO LIBRO AÍNDA QUEDAN PIRATAS NA COSTA DA MORTE




Con este libro AÍNDA QUEDAN PIRATAS NA COSTA DA MORTE finalizamos as reunión do Club de Lectura 2012-13.
A pregunta:
 Que palabra che ven a mente cando pensas no libro?
Respondemos: aventura, intriga, interesante, piratas, tesouro, aturuxo, adolescentes… GALICIA.
Como moi ben nos dixo Gemma, este libro  ten moito que ver con GALICIA, a nosa terriña:
 Nel aparecen elementos xeográficos: Costa da Morte, Finisterra,  Faro de Cabo Vilán, San Andrés de Teixido, Camariñas. Costa da Morte, soubemos que leva ese nome polo moitos naufraxios que alí ocorreron. Di a lenda que “a San Andrés de Teixido vai de morto o que non foi de vivo”. Descubrimos que de todos os lugares que menciona, o lugar onde vive Calorina, Codeiro, é o único que é imaxinario.
Elementos tradicionais que forman parte da nosa cultura: Conxuros, queimada, lendas de vampiros e lobishome, as festas do verán.
“A Illa do Tesouro” (en dous idiomas), A pousada de Xamaica, libros de psicoloxía, obras completas de Stevenson son libros que ten a familia de Carolina. Salta a vista o amor por eles sente Carolina, dicía que  no desván podía “servirse á carta”.
 Adriana sinalou que lle gustara especialmente “Ademais afeccionarase á lectura e lía toda clase de libros dos máis variados temas, deixándose levar pola curiosidade e polo impulso , con saborosa e caótica desorde”. Ela díxonos que lle pasa igual, que tamén se sinte curiosa e quere saber.
Esta historia de amor entre adolescentes, piratas  e tesouros, levounos a reflexionar sobre:
Educación: coincidimos en que o que realmente importa é como nos eduquen as nosas familias e non o lugar onde esteamos.
Que os libros hai que descubrilos, facerse o
seu amig@ ata que te enganchas a eles, como lle ocorreu a Hector.

FOI UN PRACER TERVOS A TOD@S NO CLUB DE LECTURA.

No hay comentarios: