26/2/12

ABRAHAM CARREIRO ESTE VENRES



A través do Consorcio Editorial Galego S.A. o venres 2 de marzo, imos contar coa visita de Abraham Carreiro, ilustrador de contos para nenos.
Esperamos con impaciencia ese día pois estamos seguros de que será unha experiencia que non esqueceremos.

O club de lectura de 6º, e outros moitos máis de 5º e 6º, estiveron lendo durante este mes o libro "Xoeliki. As aventuras dun ciberpirata", con texto de Maties Segura e Abraham Carreiro e ilustrado por este último. Conta as aventuras dun neno de once anos que bota de menos ao seu pai morto, e que é moi afeccionado aos videoxogos, ten unha amiga virtual e vese envolto nun conflito que terá que resolver. Un libro moi entretido, a lectura resulta agradable,polo que todos e todas estamos desexando poder ler a segunda parte.

Se queredes chegar ao libro a través da rede tamén o podedes facer, posto que conta coa súa propia páxina web, www.xoeliki.com., onde poderedes acceder a cada un dos personaxes, coñecer aos autores, e mesmo formar parte dun foro e da súa Rede Social Tesouros Piratas. Algo que vos vai encantar.

Se queredes saber sobre os comentarios dos membros do club de lectura podedes entrar no blog clicando na imaxe do libro.



No hay comentarios: